mércores, 31 de outubro de 2012

ERA UNHA VEZ.......




Damos comezo a unha nova ronda de contiños infantís remasterizados por alumnado de 1º da ESO. 
Estes rapaces veñen con moita experiencia dixital grazas ao proxecto ABALAR no que participaron en cursos anteriores no colexio de primaria. 
Aproveitaremos todos os seus consellos  e suxerencias para tentar poñernos ao día en cuestión de intercambio de arquivos e verquido directo no blog.
Sirva esta pequena introdución a modo de benvida para reiniciar a actividade no curso recén inaugurado e que as sorpresas sexan moitas e interesantes para tod@as. 

BENVID@S!!!!




1







O Lobo

Esta é a historia do lobo que vai polos contos comendo nenas, porcos e cabritiños.

Un día, o lobo, andaba polo bosque buscando un Burguer King, pero só encontrou unha nena cunha carapucha vermella que levaba unha cesta chea de comida.
- Ónde vas con esa cesta? - Preguntoulle o lobo.
- Á casa da miña avoa, imos montar unha gran festa. - Respondeulle a nena.
- Estou invitado?, podo ir? - insistiu emocionado.
- Non podes, é a miña festa e non te invito. - Aclarou a nena rindo
O lobo foi seguindo a Carapuchiña para ver como era a festa. Cando chegou, mirou pola fiestra e levou unha gran sorpresa. Luces de neón, música, un karaoke, ordenadores, unha mesa chea a rebentar de comida, a avoa cantando polo micrófono... O lobo petou á porta, el tamén quería entrar! Abriulle Carapuchiña, que ao velo berru: - Fuxe, non te quero ver aquí!!!
O lobo saiu de alí co rabo entre as pernas.

Seguiu buscando comida, sentia que ía morrer de fame. Esta vez atopou tres casiñas, cada unha máis grande ca outra.
Petou na primeira, unha choza feita de palla e barro case tan grande coma el. Abriulle un porquiño bastante pequeno, ao velo o porquiño colleu un pau, zoscoulle na cabeza e pechou a porta.
Foi probar sorte na segunda, un refuxio feito de madeira o dobre de grande ca el. Nesa casa abriulle un porquiño mediano que estaba tocando a guitarra. O lobo pediulle comida e este aplastoulle a guitarra na cabeza e deulle coa porta nos buzos.
Encamiñouse á terceira e última casa, un castelo medieval moi alto. Nel vivía o irmán maior dos tres, que o viu todo e xa sabía que facer. O lobo berrou: - Déixame entrar, teño moita fame.
- O porco riu, subiu á terraza e lanzoulle aceite fervendo.
O lobo, que case morre escaldado, tirouse a un lago para refrescarse e seguiu o seu camiño.

Camiña que te camiña chegou a unha casiña na que vivían sete cabritiños e a súa nai. Oíu como mamá cabuxa lles dicía aos seus fillos: - Vou de compras pero tendes a merenda na mesa. O lobo, ó escoitar iso, fíxoselle a boca auga. - Cabritiños, por favor, dádeme aínda que sexa só un chisco de merenda, que morro de fame. - Os cabritiños idearon un plan para botar ó lobo, e, cando o remataron, dixéronlle: - Abre a porta e entra, que nos dás pena. - O lobo, de inocente, fíxolles caso e... un por un, os sete, turraron o lobo cos cornos ó lobo. A última cornada foi tan forte que o lanzaron ben lonxe, tan lonxe que bateu no Carrefour, atravesou a parede e caeu no Burger King. Por fin o atopara!!! Dende ese día o lobo vive oculto no Carrefour; vai ó cine, ó Corner Hut, a Belros, xoga en Game, compra roupa en Zara...
E ninguén o molesta!


Non creas todo o que che din esta é a verdadeira historia do coñecido como:

LOBO FEROZ


Adaptación feita por NSB


2








OS TRES PORQUIÑOS



Eran unha vez tres irmáns que acababan de independizarse.
O máis grande chamábase Anxo o mediano Pedro e o pequeno Xoán .
Os dous maiores eran moi folgazáns e decidiron non estudar. Pero o mais pequeno era traballador e ía á universidade. Mentres Anxo e Pedro quedaban na casa xogando a playstation e comendo pizza, Xoán estudaba a súa carreira de medicina.
-Que parvo es- dixeron os porcos máis grandes- poste aí a estudar como un tolo, cando total, iso non sirve para nada.
-Pero que parvadas andades a dicir! -dixo Xoán pasando dos seus irmáns- cando sexa maior terei un emprego e poderei manter a miña familia.
-Unha familia, já!- responderon Pedro e Anxo rindo.
Pasou moito tempo e estes xa creceran.
Xoán acabara a súa carreira e xa tiña muller e fillos.
Anxo e Pedro traballaban de caixeiros e andaban xustos de cartos, pero polo menos tiñan para comer.
Todo ía ben ata que un día, o malvado lobo Rajoi ,saíu escollido para presidente. Como este anteriormente fora profesor de plástica, sacou as súas tesoiras e...
-Crash,crash, crash -empezou a facer recortes.
Xoán, como era médico, seguía ben de cartos, pero os seus irmáns quedaron no paro.
Axúdanos -rogábanlle Anxo e Pedro.
Por que ía facer eu iso? -dixo Xoán.
Porque somos os teus irmáns -responderon eles.
Como Xoán era moi bo, deixoulles cartos.
E así os tres irmáns viviron felices, “aínda que a os cartos non lles chegaron para mercar perdices ou paspallás.


Remasterizado por Liss28


3

UNHA DE PARRULOS




Era unha vez unha parrula
 que tivo un parrulo moi feo.

Todos os parrulos burlábanse del,
o parrulo choraba en silencio
abrazado á súa nai mentres
que as nais dos demais parrulos intentaban
comprendelo. 

Un día o parrulo foi
bañarse ao lago cando , de repente, apareceu
un cisne cun aro na
cabeza que lle dixo: ti parrulo que es moi
bo e moi feo,  aparézoche aquí porque tes bo corazón,
e eu pregúntoche,prefires fardar da túa cara e que faga
que os parrulos que se burlaron de ti paguen por elo ou
que me vaia e que todo siga coma antes ? 
O parrulo elexiu a segunda opción.
-Parruliño,  tes bó corazon  e por iso...
¡vouche conceder as dúas opcións que che mencionei!

FIN



Versión de CELTIÑA










Ningún comentario: