Sara Petapou era unha muller peculiar que gustaba de vestir diferente a todo o mundo. Ela collía o primeiro que lle viña á man no armario. Se eran dúas saias, poñíaas. Se lle viña un chuvasqueiro, aínda que fose un día de sol, poñíao toda contenta e marchaba con el posto á praia. Todos os nenos da vila agardaban que Sara saíse da casa para ver aquel cadro abstracto que mudaba a diario de cores.
Hoxe leva un bonito colar de diamantes saíndo do seu xersei de colo alto por debaixo da camisola do pillama. Que muller máis rara! E que levará por baixo? Pois unhas cirolas de home tapadas por unha longa saia que se suxeita ao van cun cinto de fibela dourada. Da saia saen dous escarpíns estampados con porquiños. Á dereita de cada un pódense ver botoeiras sen botóns. Nos pés leva unhas pantuflas de cor negra. Con todo, o máis rechamante son os suplementos: reloxos a moreas, brincos de diferentes modelos a modo de medallas, cachirulo de cores na cabeza atado á maneira pirata das danzadoras populares.....Leva sempre nas mans unhas luvas e un paraugas coas cores do arco da vella. Algúns din que o pano dos mocos vai gardado nun calcetín e cando se asoa volve meter alí o pano e este ponse novo do trinque.
HAPPY GIRL
HAPPY GIRL
2 comentarios:
profe rosa,
Este traballo o fixo happy girl, non popsi
:(
Enteirados, HAPPY GIRL, mil desculpas! Queda rectificado.
Publicar un comentario