xoves, 3 de maio de 2012

Redes- Flipar en colores (sinestesia)







Sinestesia e aura

Imaxes e traballos sobre sinestesia


Levamos uns días traballando con recursos literarios, eses grandes potenciadores da imaxinación ou como soñar espertos. E non nos limitamos a dar os seus nomes, que absurdo! Lanzámonos en picado a compoñer con eles. Xa chegaremos ao puntiño de mergullarnos na imaxinería dos poetas consagrados. Polo de agora vainos moi ben inventando nós os exemplos. Os resultados desta actividade irémolos perfilando a modiño e verquendo aquí en forma de pequenas colaxes imaxinarias de autoría colectiva. 
O fenómeno sinestésico foi acollido por parte dos pequenos con certo escepticismo. Algúns o primeiro que preguntaron é se esas persoas que ven cores nos sons ou senten texturas nas palabras estaban enfermas. Claro que non! Agardo que entre o vídeo e os enlaces poidamos dar unha resposta satisfactoria ou canto menos tranquilizadora. A ver se cun pouco de sorte conseguimos que nos comentarios aparezan algúns ruidiños coloridos ou algunhas expresións peliagudas ou algún que outro vocablo niquelado.



Ningún comentario: