Versión cinematográfica do célebre conto de Saint Exupery. Hai números musicais pero están en inglés. Iso xunto con outros detalles son improvisacións que non aparecen no texto literario.
Este vídeo si que é unha fiel enunciación da tradución do texto literario orixinal, incluída a adicatoria inicial. Os debuxos son moi fermosos e a lectura do texto en español con modulación latinoamericana fan que pague a pena velo e oílo.
Este é un libro que lemos na terceira avaliación os de 1º de ESO. É unha historia preciosa en que practicamente todos os elementos son simbólicos de actitudes humanas. Polo de agora quedaremos só co disfrute da súa lectura e libre interpretación. As ideas a que pode dar lugar son innumerables e os estudos que sobre esta historia se teñen feito tamén. Pero a nós polo de agora só nos interesa disfrutala ao máximo sen demasiados razoamentos.
20 comentarios:
Gustoume moito cando coñeceu o raposo e pedíulle que o domesticase porque lle deu unha lección de valores ao principiño. Eu doulle un 9. O capítulo que menos me gustou foi o dos baobabs porque me parece que parou moito niso.
:) :3 :P ;) ;D
HAPPY GIRL
Gustoume moito na parte en que se ve a visión que ten ese neno respecto ós maiores, dicindo que a eles lles apaixoan os números, e pondo o exemplo de «se lles dis aos teus pais que é unha casa fermosa polas papoulas», non se enteiran, pero se lles dis «esa casa vale mil pesos!», entón quedarán abraiados. Pero a miña parte favorita foi a do borracho, que bebía para olvidar que o facía... Doulle un dez!
Blaquichurri.
Gustoume porque o principiño descobre moitos mundos e porque a pesar de que hai miles de rosas no mundo, el di que a súa é única e apreza o que ten.Doulle un oito.
Aitana31
A min emocionoume o libro. Encántame o misterioso que se presenta o pequeno Principiño ao principio, e como logo ía soltando pouco a pouco a súa historia. O final encantoume, como o Principiño queda inerte á vista do piloto e narrador da historia e a promesa que lle fixo.
Eu daríalle un 9 porque ás veces non entendía o que querían dicir os personaxes, coma o borracho, que dicía que bebía para esquecer que bebía.
¿Qué quererá dicir iso?
Todo o demáis gustoume moitísimo.
Chicky Guay
O libro gustoume bastante porque o Principiño non para de preguntar ata que lle respondan ,é divertido
o O XO
-
Decex
pene
É un libro moi aburrido,ao principio.
Ao final é moi interesante...
A parte que máis me gustou cando o neno morre por culpa da serpe.
Non me gustou case nada.
Gudellas6
O libro gustoume porque conta unha historia graciosa, divertida.
O que non entendo é o do borracho.
BALA 10
gustoume pero pareceume demasiado parado e o neno era moi cansino.
extintor
O libro gustoume . Pero que ao final morra o principiño non me gustou moito
Pero esa foi a única parte mala.
Mister CC
Grazas polos vosos comentarios, rapazas e rapaces, absolutamente por todos, incluídos os máis escuálidos e mesmo os monopalábricos.
A min gustoume moito a película porque ten de todo.
Gústame o papel que fai o "Principiño" porque é moi persoal,é exactamente a imaxe que todos imaxinamos do neno.Tamén está cheo de cancións e bailes moi graciosos (coma o da serpe).É moi divertido e interesante,encántame a amizade do piloto e do Principiño.
Son impresionates as imaxes dos planetas.
Está moi traballado,parabéns!
Atentamente,
Popsy.
Gústame a pelicula porque ten moitos efectos que me gustaron,sobre todo os dos planetas e os xogos que fan cos animais e os actores. Non me gustaron as cancións porque eran moi longas.Gústame máis o libro porque podes imaxinar os personaxes.
COOL
Comento pola película , non lín o libro.
O principiño é un personaxe moi interesante : Nunca esquecia unha pregunta e a súa vestimenta era moi de conto.
Os bailes son moi orixinais sobre todo o da serpe.
O personaxe da rosa non me gustou como aparece representado na película.
Algunhas cancións cansan , son un pouca aburridas , longas e ademáis en Inglés.
Está bastante ben.
By:Rubia.
Gústame máis o libro que a película , pero non estivo mal. O que non me gustou foi cando cantaban e a escena da rosa. Non a imaxinara así ao principiño.Prefiro o libro á película porque é máis curto e non ten escenas tan raras.
By: Margarida
A película está bastante ben. O que máis me gusta é o baile da serpe. Algunhas cancións fanse un pouco cansinas, e o detalle de que engaden cousas que non ocorren no libro e que eliminan outras moi importantes, réstalle puntos.
Creo que me gusta máis o libro porque se fai máis entretido e non ten cousas fóra de lugar como a actitude e a vestimenta da rosa na película.
ESTRELA
A película gustoume moito, porque o principiño é moi gracioso, e tiña boa memoria xa que nunca esquecía unha pregunta.Está moi ben representado. A relación que hai entre o piloto e o principiño encántame porque co tempo van queréndose máis. As cancións son aburridas. A película parecese moito ó libro.
By: FunkyDonkey
Encantoume a película polo ben representados que aparecen os planetas e o personaxe que interpreta ao principiño ; os bailes e as cancións aínda que estiveron de máis tamén estiveron ben , por exemplo o da serpe.
By: Minitotex
O libro gustoume moito pero aínda non acabo de entender o final da serpe. Na pelicula non me gustan as cancións porque ademais de que están en inglés duran moito. Pero en xeral a película e o libro gustáronme polo ben que os actores interpretan aos seus personaxes e, pola parte do libro, gústame cando vai por diferentes planetas.
By: Maní
É moi aburrido e agobiante,parece que non saben maís que cantar e encima cantan moi mal.Non me gustou a aportación musical da pelicula.
Non me gustan os personaxes fantásticos,non me gusta o espacio exterior,detesto a chachara;eu prefiro as peliculas de acción,as explosions e as carreiras de coches
Manel
Publicar un comentario