mércores, 26 de xaneiro de 2011

OLLIÑOS VERMELLOS - ESTOPA






Olliños vermellos

Canto como ladran os cadelos
ladro como cantan os homes
vivo coma o protagonista dun enterro
e morro na voda dun espermatozoide
Derrocho cheques sen fondo
e bebo só
por ser abstemio
sufro coma o último premio gordo
gozo coma o último gordo sen premio
e véxote
cos ollos pechados
sóñote
cos ollos abertos
subo ao céo con cen mil pecados
e rezo para baixar ao inferno
Boto a correr se me ollas de esguello
de lonxe collo unha xerra e móllome
que aí me gustan os teus olliños vermellos
(retrouso1)
Traballo en pensar un gran pensamento
penso traballar nun gran traballo
choro coma o último home de ferro
e escacho coma un recén castrado
Cobro diñeiro negro de drogas
pago diñeiro branco a un camelo
que un peixe na auga coma min non afoga
se arredor do pescozo non ten unha soga
Desato o nó da túa gorxa
átote á pata da cama
plántome no forno das túas mantas
e desenterro a machada afiada
(retrouso1)
Gústanme porque estás moi boa
e a miña cabeza é moi mala
porque ás veces non pensa
ás veces entala
por momentos vai ás escuras
por momentos aclara
confundo os bolos coas balas
fúndome coa funda da guitarra
Calo e dígoo todo
Abro a boca e non digo nada
(bis)

1 comentario:

angola dixo...

O mellor da letra desta canción é sen dúbida o permanente xogo de palabras: BOLOS-BALAS / CONFUNDO-FÚNDOME-FUNDA / COLLO-OLLO-MOLLO....algúns destes xogos poténcianse na tradución galaica. Iso está moi ben.
Outra oferta interesante é o uso sistemático de paradoxos. Eses déixoos para que os extraia alguén.