xoves, 13 de outubro de 2011

DENDE A FIN DO MUNDO

Resulta que empezamos a clase o outro día facéndonos unha pregunta moi seria: que faría cada un de nós no suposto de que mañá acabase o mundo? Alguén suxeriu que non era de recibo que o mundo acabase no medio e medio da semana. Mellor que acabase un luns, así evitabamos o incordio de ter que vir pola tarde. Pareceunos unha boa obxección e decidimos, daquela, ubicar a fin do mundo para o seguinte luns do calendario en curso. Fomos apuntando nun papeliño o que se lle ocorreu a cada quen e o resultado velaquí o tendes:

  • Eu subiría a un tellado ou a unha árbore para ter unha vista panorámica do mundo antes de que se esfumase e despois iría dar un paseo...
  • Eu iría ata as Cíes, despedirme das illas
  • Eu iría a casa da miña avoa, collería o can e o gato e disfrutaría da súa compaña ata a final
  • Eu durmir...durmir...durmir
  • Eu iría á discoteca, probaría o café irlandés, non me gustaría e desexaría non telo probado; iría ao cine, escachifaría a pantalla....iría a casa, esgazaría os libros de texto....asaltaría a neveira...comería de todo e poñeríame a agardar polos meus pais tranquilamente
  • Eu faría un búnquer no Vixiador, levaría os meus seres queridos, celebraría por adiantado o meu último aniversario, reconciliaríame cos meus inimigos, poñería tacóns de agulla, iría ver pelis para maiores de 18 anos, mandaría cartas a destinatarios anónimos e finalmente sentaría a contemplar a fin do mundo comendo flocos de millo de cores
  • Tentaría dar cun refuxio para as miñas mascotas e despois iría a Irlanda para botarme a rolos polos seus suaves outeiros
  • Eu montaría unha festa rachada ata o mencer
  • Eu primeiro iría a nado a Ons, despois afanaría un coche de luxo e morrería ao volante
  • Desintegraría a Justin Bieber, xogaría ao póquer con profesionais, conseguiría un bazoca rebentacousas e vería películas con moitos xxxxx
  • Eu tamén subiría a un tellado, bebería un vodka e mojitos e despois deixaríame caer en picado enriba de Justin Bieber
  • Iría por fin de botellón, despediríame de todo o mundo e iría durmir a mona

aspecto que presentaban as sombras na última eclipse solar




COMENTARIO DO COMITÉ DE REDACCIÓN: sorpréndenos esa presencia obsesiva do alcol para dar a benvida á fin do mundo. Enteirámonos de maneira extraoficial que algúns autores do texto colectivo desexarían, ante a inminencia da fin do mundo, ter unha primeira experiencia sexual, pero non se atreveron nin a decilo nin a escribilo. Agardemos que o próximo exercicio teña menos cortes e cada quen diga exactamente o que pensa. Un saúdo a tod@s os sobrevivintes!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Sorpréndenme as mentes retorcidas que teñen algúns. Alcol? Quen querería beber alcol para despedir o mundo?? Non é mais importante a familia?
Fíxome gracia a 3ª parte deste tema:

"Iría a casa da miña avoa, collería o can e o gato e disfrutaría da súa compaña ata o final"

Vas a casa da túa AVOA horas antes do fin do mundo, colles o can e o gato e deixas a túa AVOA dentro!!!

HAPPY GIRL