mércores, 3 de febreiro de 2016

Ferramentas de escritura na Idade Media

Resultado de imaxes para scriptorium medievalscriptorium
O Obradoiro onde se realizaban as tarefas dos amanienses na Idade Media era coñecido co nome de SCRIPTORUM


As mesas que utilizaban eran moi semellantes aos pupitres antigos. O banco e a mesa estaban unidos e o plano sobre o que se traballaba estaba inclinado para facilitar o delicado labor caligráfico e pictórico.

Resultado de imaxes para scriptorium medieval 

Sobre que se escribía? Cal era o soporte sobre o que se caligrafaba e se pintaba?

  1. Utilizáronse soportes herdados do mundo clásico como as táboas de madeira encerada ou branqueada
  2. Pergamiños: peles de animais ben estiradas e afinadas. Son o soporte máis común dos códices, ou pequenas coleccións de pergamiños encadernados en forma de libro.
  3. Vitela: é un pergamiño feito da delicada pel da tenreira. Vitela é o nome común que en galego e portugués se lles da ás crias femias das vacas, do latían vitella. Dos manuscritos medievais en lingua galego-portuguesa é moi coñecida a vitela onde se atoparon as cantigas de Martín Códax. A andaina desta vitela dá para o guión dunha película, e así nola conta a wikipedia:
A descoberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914, servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII. .
O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.
    
      4. Papel: Realizado con pasta de algodón, liño ou cánabo, o papel chegou de oriente a principios do séc. XIII ( o século de ouro da literatura galego-portuguesa medieval) e xa a mediados de século empezou a xeralizarse o seu uso en toda a Europa. De maneira que cando se fixeron os primeiros ensaios coa imprenta ou prelo a finais do séc. XV, o soporte definitivo estaba consolidado.

E agora preguntámonos polas ferramentas da escritura, que funcionaba a modo de boli?

Os manuscritos medievais están feitos con tinta negra, tinta vermella e, en menor medida, con tinta azul e verde. As letras maiúsculas, que son as que albergan as miniaturas, están ricamente decoradas con tinta de ouro e prata, que conseguían diluíndo e estabilizando po de prata e ouro.
Os instrumentos máis comúns na Idade Media  foron:

1. O cálamo, unha cana vexetal finiña, semellante ás varas de bambú novo.




Resultado de imaxes para cálamo

2. Plumas de oca: ferramenta usada polo expcios para escribir nos seus papiros, chegou a Europa no séc.VI e xa non buscaron máis.

 Resultado de imaxes para plumas de oca para escribir As modernas plumas conservan da pluma orixinal o cano por onde escorre a tinta, o corte biselado e, por suposto, o nome.


                                     


Resultado de imaxes para pergamiño vindel
O Pergamiño Vindel é o único manuscrito de carácter profano en lingua galego-portuguesa  con anotacións musicais da época.


Ningún comentario: