martes, 26 de maio de 2015

A CÁNTIGA POPULAR: UAH! / POBO QUE CANTA NON MORRE



Uah! de Suso Vaamonde in youtube


 O vello mestre estalle aínda a aprender aos máis novos como se canta na nosa terra, a ritmo de bombo  e tambor, coas palmas das mans, con cunchas de vieiras, con botelliñas de anís, con paus e latas, con gaitas e pandeiretas e con todo aquilo que ben acompasado poida acompañar unha boa letra en molde popular.

Os de 1ºA xa gravaron algunhas copliñas ao ritmo do Uah!, faltounos un pouco de calma e toda a percusión, pero sempre hai quen cun chisco de vontade consegue resultados máis que aceptables. Admítense comentarios!




                             

AO INSTITUTO A ESTUDAR
E Á HORTA A TRABALLAR
COAS ROSAS E CON PABLO
MOI BEN O IMOS PASAR




SEICA O ANO QUE VÉN
RECORTAN NA EDUCACIÓN
PERO A LINGUA GALEGA
NON CHE ESTÁ PARA EXTINCIÓNS




Á MAÑÁ NO INSTITUTO
AS CLASES MOI DIVERTIDAS
LOGO MÁNDANNOS TAREFAS
E NA CASA ESTÁN PERDIDAS



2 comentarios:

Anónimo dixo...

parece estupendo porque nos os nenos de hoxe en día non he que sexamos moi de participar nas cousas , enton alegrome moitisimo de que fagades actividades asi para nos . moitisimas grazas por todo !!!!

tirarrollas dixo...

grazas a vós por embarcarvos de maneira tan entusiasta en todas estas movidas, sen a vosa participación supoño que nada do que facemos tería sentido. Hai seguir arreándolle!!!