ÁRBORES FROITEIRAS, FERRAMENTAS E VERBOS EN 2ª PERSOA, PRET. PERFECTO
Ti colliches as luvas para arrincar as herbas que medran arredor da maceira
Traballaches coa machada á sombra da cerdeira
Co ranqueiro remexiches a terra para plantar a nogueira
Fanaches o fouciño coa pedra que estaba ao lado da laranxeira
Usaches o rastrelo para xuntar as follas da pereira
Colliches o sachiño que estaba na amendoeira?
O coleiro estaba cheo de estrume e collíchelo e botáchelo na terra onde imos plantar a ameixeira
Deixaches o eixolo apoiado na mandarineira
Ti sementaches oito abeleiras que tiñas no pebideiro
Descubriches o angazo que quedara de baixo da oliveira
Vós levastes a composteira a carón da freixoeira
Podaches a moreira coa tesoira de podar
Ti cavaches un foxo coa pa para plantar a nespereira
Trtaballaches no campo dos pomeleiros porque había moita herba e quitáchela coa gadaña
Debaixo do fatoeiro encontraches a serra
Os bois tiraron do arado ata os castiñeiros para abrir os sulcos e ti despois plantaches as cebolas
Cavastes coa eixada debaixo do limoeiro para plantar morodos
Vós remexestes a terra co ranqueiro onde abundan os pexegueiros
Vós collestes coa galla toda a ramallada, algunhas ramas eran do abruñeiro
Cun anciño remexestes a terra que estaba arredor do marmeleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario