No primeiro trimestre realizamos unha introdución á tipografía deseñando cada alumno un alfabeto con temática libre. Os resultados foron tan chamativos que coas letras dun alfabeto agricultor e festeiro montamos a cabeceira do noso blog.
No segundo trimestre cada alumno fixo o deseño tipográfico do seu nome e levouno a un molde de soporte duro para recortar. Con estes moldes podemos estampar cada nome no soporte que queiramos: probamos cunha caixa de madeira e cunha caixa de cartón, pero xa sabemos que é viable, con pintura adecuada, en tea de camisolas ou de calquera outra prenda.
No terceiro trimestre puxémonos mans á obra tipografando os nomes dos cultivos que van progresando na horta.. Vannos servir de letreiros ben colocados en garrafas de plástico que se erguen sobre o terreo apoiadas nun vara de paraugas avariado. De maneira que xa descubrimos dúas utilidades novas para os recipientes de plástico transparente e para os elementos metálicos dos paraugas rotos. Parabéns a tod@s
ten un certo aire alieníxena recén chegado da nosa galaxia cabácica exterior! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario