mércores, 28 de xaneiro de 2015

Vocabulario de O bosque animado 2



VOCABULARIO DE O BOSQUE ANIMADO

A
abeiro: lugar feito para protexer do frío e do mal tempo ou usado para iso.
acarunchada: (acaruncharse) encherse de caruncho ( humidade) ou couza ( gusano).
acivro, ou xardón: árbore de folla perenne, moi lisa e brillante, de cantos rematados en pico. dá acios de boliñas vermellas moi estimadas por algúns animais. é a única palabra que ten grupo consonántico vr no noso idioma.
acoraba: (verbo acorar)respirar con dificultade ou sentirse sufocado a causa dunha emoción, da angustia, da calor, da fatiga.
acougo: tranquilidade, paz, sosego.
acubillo: lugar que serve para refuxiarse ou protexerse dalgún perigo. refuxio amparo.
adiou: adiar (deixar unha cousa para máis tarde) aprazar, retrasar.
agoiraba: (verbo agoirar)anunciar con anticipación [algo que vai ocorrer, xeralmente de carácter negativo], baseándose en sinais ou indicios. causarlle medo a [alguén]. causarlle sensación de angustia a [alguén].
albiscar: ver ao lonxe, divisar, enxergar
aledarse: encher de delicia. ( alegrarse)
alicerces: parte dun edificio que está baixo terra e sobre a que se asenta a construcción. cimentos.
allea: que pertence a outro.
aloumiño: caricia que se fai para demostrar cariño, agarimo.
amolar, contrariar, facer rabiar alguén.
anceiro: anceio, ansia, ansiar, querer.
anil: substancia azul escura que se saca do tallo e das follas dunha planta.
antuca: especie de paraugas para protexerse do sol.
apertado: suxeitado.
apértana: abrázana, rodéana cos brazos en sinal  de cariño.
arame: fío de metal máis ou menos groso
arela: desexo moi forte dunha cousa.
arpoador: home que se dedica a pescar ou cazar con arpón.
arxilosa: (arcillosa), que contén arxila ou ten o seu aspecto ou características. arxila, sustancia que unha vez mesturada con auga, forma unha pasta moi moldeable que se volve dura se se coce.
asemade: adv. conxuntamente, a un mesmo tempo.
asubío: ruído que se emite cos beizos para fóra. o canto dos paxaros.
atavicamente: (ataviar) vestir ben ou preparar a unha persoa. ben vestido.
ateixadas: adxectivo. que ten a cor do teixugo.
atomizáronse: descompuxéronse.
avezados: acostumado ou experimentado en facer algo. afeito.
axexo: acción de axexar (mirar ou alguén tendo en conta de non ser visto) espiar.
axóuxere: cascabel. boliña de metal, cun furado e unha boliña ou un anaco dalgún material no interior, que soa o ser movida.


B
bagatela: cousa  de pouco valor, importancia ou utilidade.
balbordo: ruído producido por voces e risas de persoas xuntas.
balorento: que está cuberto de valor (peluxe branca ou verdosa causada polos fungos cando comezan a podrecer.
bico: punto máis alto de todo o que se eleva, dun monte, do tellado, dunha botella
bidueiro, bido. árbore caducifolia de cortiza prateada e follas pequenas que medra espontánea en terreos húmidos. ao seu hábitat están asociadas as amanitas, eses cogomelos vermellos con aro e escamas brancas onde soen refuxiarse os ananiños cando chove
boroa: pan de millo.
buliu: verbo bulir, facer unha cousa con moita rapidez.


C
cabuxento: (cabuxo) enfado sen importancia e que dura pouco. (enfadado).
cachazudo: que ten cachaza. pachorrento, pousón.
cadeira: asento con respaldo.
calvelo:  unha raza de vacas, cos cornos para atrás.
candeeiro:  candelabro.
canella: rúa estreita. camiño estreito e fondo entre elevacións do terreo.
cano: tubo empregado para conducir líquidos ou gases.
cardada: (cardar), limpar e peitear unha materia téxtil antes de fiala, cepillar o pelo desde a punta ata a raíz para avultalo.
carqueixa: arbusto silvestre da familia dos leguminosas.
carqueixa: carrasco, carqueixa, queiruga, quiroga, carroucha, breixo. pequeno arbusto salvaxe  cuxa raíz se usa para confeccionar cachimbas.
carricentas: cheas de carriza, cheas de mofo.
carriza: herba alta, brión. ( musgo en castelán)
carrizos: vexetación formada por plantas da división das briófitas de ata uns cinco cm de altura, que cobre como unha capa os lugares en que hai humidade, sobre todo as pedras, a casca das arbores.
casopa: pequena construción, normalmente de madeira, que pode ter o teito de palla, canas ou outro material semellante e pode utilizarse para diversos fins, tales como servir de refuxio á xente do campo .
cavorcos: abismo precipicios, barrancos.
caxatos: pau ou vara con puño que se leva na man para apoiarse ao andar.
cedro: conífera de gran altura que varía segundo a orixe. haina do norte de África, do Himalaia, de Norteamérica. a súas piñas son redondas e máis pequenas ca as do piñeiro común. a súa madeira sempre foi moi estimada para facer lápises. no insti temos media ducia de fermosos exemplares do cedro do atlas.
cénit: momento mellor ou máis importante de alguén.
chaira: terra cha
chatolado: callado, salferido
chirlo: son producida polas aves cando pían ou cantan.
choqueiramente: choqueiro-ra. pouco elegante ou de mal gusto.
choza: cabana, barraca, chabola, casopa, choupana.
cocho: lugar pechado ou agachado onde se encerran ou se refuxian certos animais. tobo.
coio: croio, seixo, algunhas das múltiples maneiras que ten o galego de denominar as pedras, segundo o seu tamaño e forma. neste caso trátase dunha pedra pequena, redondiña, en que a composición fundamental é o cuarzo.
comareiros: zona estreita xeralmente máis elevada sen cultivar que rodea unha zona de cultivo. usase para pacer o ganado ou como pasto. sinónimo outeiro.
corredoira: unha das moitas denominacións que teñen os camiños en galicia: congostra, carreiro, carreira, vieiro, sendeiro
couza: caruncho, povilla, insecto que ataca a madeira practicando túneles ata reducila a po;
crebar: escachar, partir, fender, abrir pola metade
curuxa: ave rapaz nocturna. (Lechuza)


D
desdenaron: desbotaron, rexeitaron, non tiveron en conta.
de sócato:  de repente, de súpeto.


E
eixada: aixada, instrumento que se utiliza na agricultura, formado por unha lámina de ferro e un mango perpendicular.
elos: cada unha das pezas de forma circular ou ovalada que forman unha cadea.
emborrallar: encher de borralla, enzoufar, estercar.
encol: úsase na locución preposicional encol de , que significa nun lugar maís alto ca outra cousa, en contacto con ela.
entremecidas: enredadas e movéndose unhas a outras
entretecida: (entretecer) unir ou enlazar a modo de rede. meter fios distintos nunha tea que se está tecendo para facer un labor ou un debuxo.
envilecen: verbo envilecer. facerse mala ou facer mala a unha persoa.
esca: materia seca que arde con facilidade. isca.
escintileos: de ( escintilar) brillos.
escorregar: deslizarse, esvarar, perder pé
escorrentar: axotar, facer fuxir
esguello: úsase na locución adverbial de esguello, que significa de lado, oblicuamente.
eslombado: co lombo dobrado
estarrecido: estarrecer, causar ou sentir calafríos, susto, temor ou medo.
esteira:tecido groso feito de esparto, xuncos, ou outro material que se usa para limpar os pes, cubrir o chan ou para deitarse sobre el. / sinal que deixan detrás de si algúns corpos en movemento.
esvelto, esguío, lanzal. alto e dereito.
exacerbado. (verbo exacerbar)facer máis intenso [un sentimento, unha inclinación]. causar irritación a [alguén]. facerse máis intenso.
exigüidade.calidade de exiguo ( exiguo que resulta insuficiente, de escaso interese ou de pouco tamaño ) pequeno.



F
fachenda: actitude da persoa que está moi orgullosa de si mesma e das súas calidades.
faco: cabalo ruín e pequeno.
fasquía: aspecto que toma unha cousa.
fastío: sensación de enfado ou cansazo que produce algo que molesta ou non divirte. aburrimento.
feble: que ten pouca forza.
fenda, grecha, laño, fendedura. corte que presenta a superficie de calquera materia.
fento: planta silvestre que se reproduce por esporas. filgueira é o terreo cheo de fentos
fendedela: acción de dividir algo en dúas partes, separala, rachala, abrila.
fontela: fonte pequena.
fusca: fusco con pouca luz, escuro, triste desagradable.
foxo: (trampa) buraco arredondo e pequeno que hai nun terreo. burato que se fai no terreo e se cobre con poñas para cazar animais.
fraga: bosque con moita biodiversidade
fronde: con moitas follas e ramas.
fociño: lugar na cara dun animal onde converxen o nariz e a boca
fuíña: mamífero carnívoro de pequeno tamaño co corpo e pescozo longos e coas patas curtas. ten o corpo cuberto de pelo gris e marrón cunha mancha branca no peito.
fungos: hainos microscópicos e hainos visibles. Estes últimos son setas ou cogomelos.
funil: utensilio en forma de cono invertido e oco, rematado pola parte interior nun tuvo estreito. embude.
fustigar: darlle golpes a unha cabalaria, cunha vara ou fusta.


G
gabán:abrigo.
gabarse: presumir, fachendearse, exhibir algo dun mesmo.
gabea: (gabear)[animal] subir por unha árbore, parede etc., axudándose das patas e agarrándose fortemente coas uñas. [persoa] subir por unha árbore, parede etc., valéndose dos brazos e das pernas. [planta] medrar cara ao alto envolvéndose ou apoiándose nun pau ou noutra cousa.
gabia: escavación longa, estreita e fonda para poñer os cementos dunha casa, enterrar canos e outras cousas.
gadoupa: garra dun animal, pouta
gadoupazo: rabuñadura practicada por unha gadoupa
gando: conxunto de animais cuadrúpedes que se crían para tirarlle o leite ou a carne.
garabullos:pau delgado e pequeno, que se usa sobre todo para prender lume.
gorentar: (cousa especialmente unha comida) gustar moito.
gorida: tobo, refuxio dos animais salvaxes.
gran: de millo, de centeo. cada unha das sementes que dá unha planta.
gromo:  rebento, gomo, abrocho, as primeiras folliñas que indican que a planta está viva e coleando.
guindouno: guindar, lanzarse ou lanzar lonxe dun sitio ou no chan. tirar.


I
ichós: trampas para cazar paxaros e animais bravos.
incoercible: que non se pode ser contido ou reprimido.


L
latexantes: que fan un movemento rítmico e oscilante
leceres: tempos nos que non hai que traballar,ocio, recreo.
legua:  antiga medida de lonxitude
lene: que e suave o tocalo.
lique: tamén chamado brión. é a primeira materia orgánica que se adhire ás pedras.
Ser vivo sen raíces, follas nin flores, formado pola unión dun fungo e dunha alga que viven en simbiose.
liscar: fuxir, escapar
louzanía: saúde, vitalidade


M
machada: ferramenta para picar leña
matinación: acción e efecto de matinar.
menciña:sustancia que serve para aliviar, curar o evitar unha enfermidade. medicina.
mesta: que ten os seus compoñentes moi unidos, sen ocos ou poros ( ten moito pelo)
mester: falta ou necesidade de algo.
morcego: mamífero insectívoro nocturno dotado de voo. guíase polo sentido acústico, actuando o seu oído como un radar.
mosquetes: antiga arma de fogo parecida a un fusil.


N
niño: o acubillo que constrúen as aves para poñer os ovos e coidar dos pitiños.
nogueira:  árbore das noces


O
orlas: adorno que se pon nas beiras dalgunhas cousas, como vestidos.
ouriol: verderolo ou vichelogrego. pequeno paxaro de plumas cor amarela limónde bico grande e curvado cara abaixo, e de canto moi característico.
ourive. persoa que fai ou vende obxectos de ouro, prata outros materias preciosos.
outeiro: pequena elevación de terreo.
ouveo: voz queixosa e prolongada que emite o bobo.


P
palpebrexante: que move rapidamente as pálpebras. intermitente.
panca:barra ríxida que, apoiada sobre un obxecto, e facendo forza sobre un dos seus extremos, permite mover grandes pesos, ou transmitir unha forza co outro extremo.
pardal: gorrión. paxaro pequeno que anda en bandadas moi numerosas.
pavías: variedade de pexego que ten a pel lisa e a carne pegada ao óso.
pedra de seixo.  pedra lisa e arredondada, coio.
pega: ave do tamaño dos corvos de plumas brancas e negras
penacho: conxunto de plumas que teñen algunhas aves na cabeza.
penedía: lugar onde hai moitos penedos.
peperetes: pastel.
perceptible: que se pode percibir.
picapinos ou paxaro carpinteiro ou peto: paxaro de tamaño medio que fai o seu niño no tronco dos piñeiros practicando un furado
picarouto: picaro.
piñeiro: a árbore que dá os piñóns
poeirenta: chea de po
pólas: ramas
pombo: ave salvaxe duns 40 cm que vive nas fragas e carballeiras. ten unha mancha branca a cada lado do pescozo e unha raia branca en cada a.
porco teixo. teixugo, pequeno mamífero carnívoro común no bosque atlántico.
poutas: pe de animais como leons e os tigres, que remata nunhas uñas longas, forte e afiadas para atacar ou defenderse.
preguiza: nugalla, pouca gana de facer calquera cousa.
pueril: infantil. ( propio de nenos)


QU
queiroas:arbusto de folla perenne de ata un metro de altura e que no verán bota follas pequenas de cor rosa, violeta ou branca.
queiruga: carrasca, carqueixa, quiroga, breixo, carroucha.


R
ra: batracio verde que anda nos prados moi húmidos, pozas e lagoas
rabuñar: esgazar a pel con algo cortante
racha: pode ser de vento ou de madeira. esta última é cando esgazas a madeira en dirección á veta, cada fragmento é unha racha o acha.
rachar: esgazar, abrir unha materia fibrosa
ramallada: conxunto de ramas, ramaxe
rebuldeiros: que sempre están xogando ou facendo trasnada, traviesos.
rechouchiar: asubiar. o cantar das aves máis miúdas.
refolgar: respirar con forza facendo ruído ao botar o aire polo nariz ou pola boca.
regatos: ríos pequenos, regueiros
relouco: alegría grande.
renxer: facer un ruído característico as portas ou ventas de madeira.
rexo: duro, forte, cheo de saúde, louzán
ríspeto: aspero, agre, seco, desagradable.
rispidamente: rispeto. áspero, desagradable.
ristra ou restra: sarta, rosario de elementos entrelazados. por exemplo de allos ou cebolas.
rodeiras: as marcas que deixan as rodas do carro nas grandes pedras que enlaxan os camiños
romos:  que non ten fío nin punta.  pequeno e plano, dito do nariz. chato.
rueiro: conxunto de casas, aldea
rufaban: (rufo/fa) con moita confianza ou seguridade en si mesmo. ancho,  chulo, fachendoso.



S
salaio: respiración curta con tremores ou sacudidas do corpo que se fai as veces ao chorar. xemido.
secular: que non é relixioso ou eclesiástico.
seiva: substancia verde que dota as plantas da característica cor verde e que lles permite facer a fotosíntese.
solermiñas: de solerma. mostra de cariño ou de amabilidade, pouco sinceras.


T
tebras: escuridade ou falta de luz que hai nun sitio.
teima: obsesión, idea fixa
tenro: que pode ser deformado facilmente.
tépedo: nin quente nin frío, morno
tisnaba: tisnar, manchar ou mancharse con tisne ou algo semellante. tisne, mancha que deixa o fume nas tixolas, potas ou cousas que estiveron o lume .
tobo: gorida, refuxio na terra en forma de furado
toro: rebanda grosa de calquera cousa cilíndrica. por extensión tronco
toros: tronco.
toxeira: terreo cheo de toxos, touza, touceira
trabuco: especie de escopeta curta e co cano ancho que se usaba antigamente.
trollo:  instrumento formado por un mango e unha taboa perpedicular no extremo que se usa para xuntar as brasas do forno./ conxunto de pedras, terra ou outros materiais que arrastra unha corrente ou se forman nun lugar con auga.
troques:
turbación: alteración do animo, sensación de inquietude, inseguridade ou desconcerto.


U
uces: xesta de flor branca.
umbria: umbrío, umbroso, sombrío, sombrizo.
uz: tipo de xesta con flor branca. as flores chámanse chorimas


V
vedraños: vedraño. moi antigo ou vello.
velaíño: caraterizado pola suavidade, delicadeza.
ventano:  ventanuco, ventana.
verniza:  vernizar, cubrir de verniz algunha cousa.
vieiro: camiño estreito que se fai o iren pasando persoas ou animais.
vimbieira: árbore da familia dos salgueiros que dá varas idóneas para a confección de cestos, canastos ou paxes.
xaneliña: oco aberto na parede dunha casa ou dun vehículo para que entre por el a luz e o aire.


Z
zumegase: deixar que un líquido pase pouco a pouco.



                                            

1 comentario:

tirarrollas dixo...

Agradecemos a Aitor a súa colaboración para empezar con esta entrada ilustrada, a través da cal tentaremos que cada vez sintades menos preguiza á hora de meterlle o dente a esta fermosa tradución da animada noveliña de Fernández Flórez. Este vocabulario hai que seguir ampliándoo!