Querida Nogueira espero que teñas unhas ramas moi longas e que medres moito, non como un piñeiro pero si como un carballo.Que de maior teñas un niño de ouriois e se ti queres que te cambien a unha corredoira con amendoeiras,carballos e laranxeiras.E que nesa corredoira aparezan moitos niños de pardais.Pero de momento esmérate en ser unha unha árbore moi bonita.Que cando medres vaian esquíos.Por certo,estiven pensando nun nome para ti.Vaste chamar Nogui a Nogueira.Terás moitos amigos como Pini o Piñeiro e Erbe o Erbedo.Eu quero que ti teñas unhas raíces fortes e longas para que poidas tomar moita auga.Por iso o día que te plantei sentinme moi alegre.Cando medres eu comerei un dos teus froitos ricos.
JEAN CARLO
Bo día, amiga Nogueira, como está vostede hoxe?
Eu ben.
Doulle a benvida ao I.E.S. R.O.U.(instituto de educación secundaria República Oriental do Uruguai).
Mándolle este correo para desexarlle sorte con iso de medrar. Contáronme que é difícil, ademais de ser un proceso lento. Nós, as persoas, tamén temos que medrar. De feito eu e os meus amigos xa estamos medrando. E á probable que non paremos ata os dezaseis ou os dezasete anos. Pero, en realidade, despois non paramos senón que diminuímos moitísimo a velocidade, tanto que parece que non medramos.
En conclusión: moita sorte e paciencia e cóidese moito.
Ata outra!!
ROCCO
Querida nogueira:
Espero que te sintas benvida no teu fogar,
que os pardais te queiran aniñar.
Medra medra coma o noso intituto,
para que sexas a raíña deste mundo.
Podes ser alta coma unha fachada
e que non te rache ningunha machada.
Todos os nenos de 1ºA queremos o mellor para ti,
así que necesitamos que sexas moi feliz.
Que teñas moitos amigos, coma o carballo ou os bidueiros
que son moi amigables, e terás mellor vida ca a dos castiñeiros.
Xardineiro
Ola Nogueira:
Onte
estivémoste plantando. Aínda andas a medrar, pero espero que o fagas ben.
Sei que non tes problemas para dar froitos, pero aínda asi,
coidarémoste moito; e poñerémoste ao redor unhas compañeiras chamadas
"plantas aromáticas". Espero que ninguén te rache cunha machada.
Ao mellor colocámosche un arame. Aparte de todo isto, adornaranche as
ramas pegas, pardais, e niños de ouriois. Eu creo que todo isto, son razóns
suficientes, para medrar feliz.
Will
Ola, nogueira:
Benvida á nosa
horta. Queremos que pronto sexas alta, grande e esvelta, cos teus
froito para poder pasar por debaixo das túas ramas e ver os teus
gromos. Ti estás ao abieiro do R.O.U. e eu espero verte alta e bonita
dentro de pouco; aínda que teña que esperar máis tempo porque
te plantamos antonte.
Tes moita sorte porque aínda que non esteas nunha fraga, estás na mellor horta que se poida estar.
Tamén plantamos un érbedo, pero non o poderás ver ata que medres moito.
Nós imos pasar todos os mércores que non chova ao teu carón e farémosche unha corredoira.
Un bico
AINHOA
Querida nogueira:
Queremos que medres moito, aínda que
esteas un pouco poeirenta. Se medras moito poderás ter niños de calquera
paxaro, coma o ouriol, a pega ou un pardal. Serás tan alta coma un
carballo, máis alta ca o tellado do instituto. Ninguen che dará con ningunha
machada. Terás un compañeiro de aventuras polo céo, o albedro, e todos os días iremos visitarte.
Un saúdo, ALEX
Bo día, Nogueira
!!!
Estou
desexando que medres para verte alta e ler debaixo das túas follas agochado no
teu tronco e vendo as flores tentando medrar ao teu carón. E tamén desexo con
todas as miñas forzas estar cos meus amigos comendo noces, gabeando polo teu
tronco, collendo flores e buscando insectos pola túa cortiza. Despois
descansaremos na sombra da túa copa vendo os paxaros, os
seus niños e ovos . Tamén desexo respirar o osíxeno que desprendes e ver
plantas coma: a queiruga, rudas, fento… E protexerte do vendaval e da xente que
queira racharte. Ben, estáseme facendo tarde, chao!!!!
ANXO
Querida nogueira,
Quéroche dar a benvida ao ROU: República Oriental do Uruguai.
Espero que medres moi boa e sa, e que os teu gromos te convirtan nunha nogueira moi esvelta, elegante e alta.
Plantámoste
na horta escolar aínda que seguramente preferías estar nunha fraga con
outras nogueiras ou incluso outras especies coma o carballo.
Un bico, MARÍA
Ola,nogueira:
Benvida á horta do R.O.U.
Esperemos que pronto che saian os teus primeiros gromos.
A partir de agora o teu nome é Filiberta
Se medras bonitiña xa pronto terás o teu primeiro niño de ouriol.
E, ademais, sairanche unhas noces riquísimas.
Sei que non estás nunha fraga, pero estás na mellor horta que unha nogueira pode pedir.
Na
mesma horta tamén hai un érbedo, así non te aburres tanto. Tamén hai
moitos bichiños cos que falar, e pasarán paxaros cos que poderás xogar,
como o pardal. Aquí xa me despido,divírtete.
Feito por: Marta
Ola nogueira , eu son IGT, un dos compañeiros de 1 ESO A que
te plantou o outro día preto da horta; escríboche esta carta para
dicirche que espero que agromes ben para que cando eu estea no meu último ano no instituto poder ver que igual que os de primeiro ,
creciches e que es unha árbore sa e forte e volver recordar momentos
inolvidables; desexo que de maior teñas un niño de ouriol nas túas ramas, que o
sol brille moito para poder ver as túas bonitas follas e espero que non haxa
moitos tobos de toupa ao teu redor porque estragarían a túa beleza. Tamén me gustaría que tiveses moitas flores de cores que formaran un
círculo ao teu redor para que resaltase moito máis o teu fermoso tronco e
por último eu poríache un nome: o outro día Gael tivo unha gran idea
, poñerlle Rosa en honor ás profes da horta e a min gustoume a idea e
aquí me despido de ti, Rosa , vemonos na horta !!!!!
IGT
Mensaxe para a nogueira do Uruguai:
IGT
Mensaxe para a nogueira do Uruguai:
Desexamos darche forza para que tódolos días crezas un pouquiño máis.
Eu
penso que ti vas medrar moito, por iso queremos compartir o noso amor e
toda a nosa suor para que as túas pólas cheguen ao ceo, e sirva de casa
aos niños de paxaros como as pegas ou os ouriois. Que surxa vida dende
as raíces ata as follas.
En ningún momento quero que ti chores ou que che caian as túas follas ao chan.
Desexo que rías e que comeces a gromar.
Se as túas pólas rompesen, as nosas forzas xuntaríanse para axudarche a recuperarte.
Xa
temos un desexo, que vivas ata que cheguemos a bacharelato e aparezas
pola fiestra da nosa clase, entón sentiremos moita ledicia pois iso
significaría que medraches canda nós.
Ata pronto, miña amiguiña, xa pasarei por debaixo das túas pólas, ata logo, deica pronto.
CINCO PATACAS
Bo día, nogueira:
Cando o mércores fomos na horta para poder
plantarte, a maioría pensamos que cando sexamos maiores poderás chegar a
ser enorme, segundo a nosa profesora, podes chegar a ser moi alta e
robusta.
Xa sei que deberiamos plantarte nunha fraga con
moitas árbores como carballos, vimbieiras e máis noguerias coma ti, tamén
deberías estar rodeada de paxaros como a pega, o pardal ou o ouriol.
Todos queremos que medres para que poidas ter o teu propio niño, e tamén
para que poidas ver todo o que te rodea
WAYA5
Querida Nogueira:
Ola!Eu son Antia, alumna de 1° da Eso A. Quería darche a benvida ao centro, e desexarte que medres forte e sen problemas. O outro día (26/11/14) plantáronte e seguramente preferirías que te plantasen nunha fraga con diversas arbores como; Carballos, Vimbieiras e con arbustos; Fentos, Rudas… Dentro de pouco algunha ave coma unha Pega ou un Ouriol poñeran o seu niño nas túas pólas. Tamen medraras tanto ata chegar aos arames da electricidade. Estás ao abeiro do R.O.U así que estarás ben protexido do vento do norte.
Medra ben,Antia.
Ola!Eu son Antia, alumna de 1° da Eso A. Quería darche a benvida ao centro, e desexarte que medres forte e sen problemas. O outro día (26/11/14) plantáronte e seguramente preferirías que te plantasen nunha fraga con diversas arbores como; Carballos, Vimbieiras e con arbustos; Fentos, Rudas… Dentro de pouco algunha ave coma unha Pega ou un Ouriol poñeran o seu niño nas túas pólas. Tamen medraras tanto ata chegar aos arames da electricidade. Estás ao abeiro do R.O.U así que estarás ben protexido do vento do norte.
Medra ben,Antia.
Ola , albedro !
Preguntaraste quen son
, pois son unha das nenas de 1º que o outro día na
horta te plantamos e aínda es un albedro moi pequeno, por iso eu vou
axudarte a que medres e que teñas unhos froitos ben roxiños e que luzas
na horta .
Quérote moito!!!!!!!
UNHA NENA NORMAL
Benvido Albedro ao ROU. Neste instituto vas medrar forte e san
ata que cheques a ser unha grande árbore. Non te puñas poeirento,
límpate coa choiva, terás moitos amigos como a pega, o ouriol e o pardal
e tenrás niños dos paxaros. Ten moitos gromos e froitos e unha cortiza
moi dura.
Se moi alta, irei visitarte un día da semana para ver
se o consegues, verás partidos de fútbol todos os días no instituto do lado.
O teu nome é Pepiño, así nos axudas como Pepiño Grilo axuda a Pinocho.
Bicos,ANDRÉS
Albedro, quero darche a benvida ao instituto para
que agromes con forza cara ao ceo e que sexas o máis vello da horta. Non
te imos rachar cando medres senón coidarte aínda máis. Queremos que
teñas un niño de pardais, ouriois e pegas no cumio para que nos alegren
ás mañás cos seus píos. Os teus froitos non os veremos ata dentro dun
tempo, así que non os poderemos papar. A seiva do teu tronco será a máis
resistente. Non estás nunha fraga, pero sentiraste coma na casa. Para
verte faremos a corredoira máis bonita do lugar. Xa acabo esta carta
dicíndoche que medres moi alto e sexas a envidia de todas as árbores.
BRADLEY
Vigo, 28 de novembro de 2014
Escríboche para decirche se podes medrar un pouco máis rápido para que cando o meu fillo teña 5 ou 6 anos vir verte e xogar debaixo túa. Eu fun un dos nenos xunto Lucas e Diego que axudamos á mestra a plantarte. Cando te plantamos chamámoste Rosa en honor ás dúas mestras que son as que fan todo na horta. Se ti cumpres o que che pido eu e a miña famila prometemos vir todos os fins de semana visitarte a ti e ao teu amigo o albredo Ogando. Agora teño que irme , acórdate do noso trato.
Adeus.
GAEL
Queridísima Nogueira:
Eu sei que te sentes triste por
ser a árbore máis pequena da horta, pero iso tamén ten as súas vantaxes
xa que es a máis mimadiña, a que coidan máis todas as nenas e nenos e
non só iso senón tamén a máis bonita de toda a horta.
Todos
os que pasan por alí preguntan : E esa árbore tan pequena e tan bonita
que é? E nós respondémoslle: É a nosa queridísima Nogueira.
Eu
sei que ti queres ser a árbore máis grande da horta para que che poidan
ver desde a rúa e desde a entrada da horta. Sei tamén que queres botar
noces que seguramente vaian estar de medo.
Por iso non esteas triste, que o tempo xa o arreglará, que todos te queremos e ímoste querer tal como sexas.
SOLRAC
Querida nogueira
Querida nogueira, espero que esteas tan fermosa como cando nos fomos de vacacións de Semana Santa. Non fun de viaxe nas vacacións pero eu pásoo moi ben na miña casa, fomos ao Vixiador e a miña curmá e máis eu montamos nun cabalo, e tamén recollemos follas das árbores e as plantas para o traballo de naturais e tamén o meu pai veu de traballar fóra xa que na nosa comarca non hai moito traballo.
Un saúdo, nogueiriña e segue crecendo.
NAVI
Aínda quedan cartas por publicar. Empezaremos por estas, Hai moito que correxir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario