xoves, 3 de outubro de 2013
BENVIDA TIPOGRÁFICA
Damos a benvida unha vez máis a todo o novo alumnado do ROU e desexamos felices reencontros a todas as alumnas e alumnos que xa estivestes connosco o pasado curso.
O título desta primeira entrada no Tirarrollas 2013-14 non é unha metáfora, é literal. Estamos en todos os grupos de 1º da ESO tipografiando o alfabeto de maneira lúdica para empezar a extraer cada un de nós deseños personalizados do noso nome. Con eles faremos moldes que posibiliten un perfecto estampado en camisolas. Daremos así continuidade aos nosos achados a propósito dos motivos dos petróglifos que traballamos o curso pasado.
Este ano académico que empeza vén cheo de propostas innovadoras que nos adentrarán en novos territorios aínda por descubrir: obradoiro de pasta de papel, obradoiro de teatro, obradoiro tipográfico e unha chea de ideas que nos andan rondando e que poouco a pouco irán tomando corpo a medida que lle vaiamos metendo man. Así que......mans á obra!
Tipografía animada para os máis novos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario