Unha preciosa nube de grúas multicolores pousou en formación na entrada do instituto.Viñeron lembrarnos as víctimas de Hiroshima e Nagasaki, todas e cada unha das víctimas de todas as guerras. Nós tamén quixemos que en cada unha delas se vise reflectido un desexo unánime: que non se volvan repetir os erros do pasado, erros macabros que nunca poderemos entender.
Todo o alumnado e profesorado colaboramos para organizar este evento, usáronse follas de xornais, revistas, libreta, folios, papel de cores. Facían falta mil pero en pouco tempo fomos quen de pregar e botar a voar case o dobre. Queremos felicitarvos a todas e todos pola vosa colaboración, facendo e ensinando a outros a facer estes pequenos grandes traballos de papiroflexia.
Este é o vídeo que vimos no salón de actos, xunto coas fotografías de diferentes momentos da elaboración do proxecto.
Deixamos máis fotos.
1 comentario:
que fotográficos sodes,e que poses
Maricarme
Publicar un comentario