Estaba eu paseando tranquilamente con N e D.
O ceo estaba despexado e xa case era de noite.
De súpeto uns ninjas saíron do nada e comezaron a perseguinos.
Nós, corremos tanto como nos permitían as nosas pernas, pero aínda así, pisábannos os talóns.
Á nosa esquerda, vimos unha especie de restaurante, tiña pinta de ser luxoso, e entramos nel coa esperanza de despistar aqueles misteriosos homes.
Á dereita había un cuarto con moitas mesas, á esquerda dúas plantas e de fronte as escaleiras.
Fomos escaleiras abaixo, nesta planta estaban os servizos e unha pequena bodega.
A vista de que aínda non os despistaramos, rodeamos as escaleiras e volvemos subir, pero esta vez dous pisos.
Na planta superior tan só había unha gran porta.
Os ninjas acantoáronnos contra ela.
Todo parecía perdido cando, de súpeto, N tirou de nós levándonos dentro. Rapidamente bloqueamos a porta para que aqueles misteriosos homes de traxe escuro non pasasen.
Demos a volta e de repente todo se volveu gris.
Estabamos na cociña, alí dentro estaban os nosos compañeiros de instituto. Tiñan gorros de cociñeiro, cara dunha cor azul agrisada, un punto vermello nos ollos e a mirada perdida. Asustadas, abrimos a porta da cociña e saímos por patas.
-Que raro, os ninjas non están -parou a dicir D.
-Agora non e o momento -dixen eu- Así que deixa de falar e...
-Corre!-Continuou N.
Baixamos as escaleiras rapidamente e liscamos daquel restaurante.
Os nosos compañeiros, cociñeiros, zombis ou o que deus queira que fosen perseguíannos a toda presa pola rúa adiante.
D e eu puxémonos lombo contra lombo para que non nos atacasen por detrás, e seguimos correndo.
De súpeto D botou un chío,os zombis compañeiros cociñeiros alcanzáranos e tíñana agarrada. Eu intentei tirar dela pero era demasiado tarde, xa se estaba convertendo.
Eu fíxenlle caso e seguín correndo xunto a Noa.
Entramos nun restaurante, que por certo, era moito máis pobre que o anterior.
Para a nosa sorpresa, os clientes tamén eran zombis.
Fomos para a esquina dos servizos e os zombis rodeáronnos.
Xa non tiñamos escapatoria.
-Veña, érguete que vas chegar tarde.
Fin
POR: LISS28
A DOBRE CARA DA PROFE
Estaba eu no colexio, na clase de 6ºB
cando a profe estaba explicando a lección
de lingua galega. Entón a profe foi facer
fotocopias e coma se fose un cambio de clase
todos nos revolucionamos.De repente
chegou Luz a clase e comezou a gritar
cun ruxido de león, e todos nos asustamos ao
escoitar un ruxido coma de león.
Logo do susto Luz comezou a explicar
e o meu compañeiro Miguel
fíxolle a burla á profesora
e Luz incriblemente comezou sacar
escuma pola boca e colleu a Miguel
e levouno a un lugar que eu supoño que era
a sala dos castigados.
Cada vez que un dos meus compañeiros falaba ou molestaba
íaos collendo un a un e metíaos nesa sala tan misteriosa
e íaos metendo un a un ata que quedei só coa
profesora e pensaba o peor,nun momento soou
a campá e deixoume saír pero eu tiña medo.
Logo non ía quedar cos brazos en cruz
é máis, fun falar coa directora ao
despacho e estaban todos os profes menos
Luz atrapados no despacho. Logo fun á
sala misteriosa e Luz estaba aí e
os meus compañeiros tamén pero
atrapados . Luz de súpeto transformouse nun monstruo e
directamente deume un bocado, todos acabamos liberados
aínda que eu da peor maneira posible que non vou contar
un final de infarto e,aí estaba eu as 8:30 na cama da miña
casa.
POR: CELTIÑA

Ningún comentario:
Publicar un comentario