mércores, 9 de xaneiro de 2013

SUCEDE CANDO DORMES




O SOÑO FINAL


Era o 21 de decembro do 2012 ás 12:12 da mañá, hora da entrega de notas. Catro suspensas. Saio do instituto e vexo que está todo moi escuro; de repente, cae un meteoro e mátame, ou iso creo. Pero estou no espazo exterior voando nun foguete cara o Sol, paso por Marte, Xúpiter e vexo ao lonxe a terra esnaquizada, chegarei ao Sol e simplemente derretereime. Pero, de súpeto, estou na clase. Vanme dar as notas.
Por: EZIO A



DE COMPRAS

Estou coa miña nai facendo a compra nun súper.
Ela sae ao aparcamento buscar as bolsas.
Tarda e decido saír.
Está atada con esposas a unha farola. Dime: " Vaite, sálvate. Sairei desta. Corre!"
"Non, mamá. Quedo contigo"
Aparece un home moi alto, cunha túnica negra, apuntando cara a nós cunha pistola.
Creo que é o meu pai.
Esperto sen sabelo.
Por: MEIGA19


SOÑOS DE LABORATORIO

Estamos toda a clase no laboratorio. A profe de ciencias vai explicarnos as dúbidas de química que teremos en 3º e 4º da ESO.
N empeza a mesturar cousas, de súpeto o instituto explota.
Entón é cando cambiamos para o insti do lado.
Alí hai un pequeno tren que te leva á aula e imos N, L, D, N outro e máis eu. Poñémonos a buscar o resto dos compañeiros.
Pasa de novo o monorail con A, subimos con ela.
Chegamos a clase de ciencias.
A profe toma precaucións preliminares: mete a N nunha caixa.
N empeza a chiar, chiar e chiar. O instituto desintégrase.
Por: @QUEROBA


CONTANDO MOEDIÑAS

Eu estaba a durmir e esperto ás catro da mañá. Poño a tele e collo a miña carteira. Póñome a contar miles de millóns de céntimos nun recunhiño da cama. De pronto, o meu pai berra: A! Estás vendo a tele?. Co susto, as moedas caen e ao meu pai, enfadadísimo, pónselle unha cara moi rara, unha mestura de Príncipe de Bell Air e extaterrestre con cara azul. Cólleme dos pés e arrástrame ata as profundidades dunha negra escuridade.
Por: BABOO 20/04







SOÑOS OCEÁNICOS

Estou na praia xogando ao fútbol co meu pai cando, de repente, aparece unha onda xigante. Corro desesperadamente tentando fuxir dela pero non podo. Quedo inconsciente. Cando acordo estou no medio do mar, vexo unha luz, nado cara ela; cando consigo saír da auga estou nunha festa vestido de Elvis con gafas e moi repeiteado, bailo coma el pero esvaro na pista e morro.
Por: MANUELÓN9



GOLES ONÍRICOS

Gooooooolllllll! que alegría! metemos un gol, pero non lembro quen. Ao meu lado están os meus amigos e tamén Caillou, Bod Esponxa e máis xente. Nas gradas, o público está pixelado. Os números non os vexo ben. De súpeto a bóla está aos meus pés, só podo correr e tirar, non acerto na meta por pouco. Non recoñezo os xogadores rivais, tocan final de partido. Soa música rock, non encontro ninguén ao meu redor, camiño sen rumbo. Aparezo na miña cociña cortando cebolas. Sento no sofá que está a carón do fregadeiro e......abro os ollos.
Por: ROIXO COLORADO


IMAXE SOLTA

Estou na aldea, na terraza da casa da miña avoa. Aparece diante miña un lobo coma o de Carapuchiña, vén montado nunha moto a todo meter e ensíname os dentes.
Por: CURROLAMPREA


DE PEQUENIÑO

Vou durmir e soño que estou mexando no balcón, esvaro e caio.
Por: ONANCELTARRA


AUGA METÁLICA

Estou nunha piscina, tírome á auga. A auga convértese en ferro. Espachúrrome e perdo o sentido. Esperto nunha padiola cunha morea de agullas cravadas. As patas da padiola rompen, as agullas crávanme ata os ósos, intento quitalas pero aprezo nun circo, estou dentro dunha caixa. Teño espadas cravadas e oio un mago.
Por: ROCAPIB


DESDOBRAMENTOS

Estou na casa falando cos meus pais e a miña irmá. Vou ao baño e a miña nai chámame desde o cuarto. Vou correndo e de repente sae do armario e dime que está buscando unha camisa, pecho os ollos. Cando os abro estou na ventá coa miña nai a piques de tirarme. A miña verdadeira nai berra e a outra empúrrame. Non sei como rematou o conto porque agora soa espertador.
Por: COTILLA19


VIAXE ESPECIAL

A miña viaxe só duraría 30mm. De camiño fico durmida e comezo a imaxinar cousas absurdas: un can de cor verde, flores pretas, cans falando como a xente. Cando esperto, aínda sigo na nave espacial. Case chegando a Mercurio infórmanme que a nave vai explotar. Co susto acordo e caio da cama abaixo.
Por: TRDA


2 comentarios:

L.A.Sío dixo...

Que soños máis curiosos tedes, meniños! O mellor é o do instituto que estoupa!!

tirarrollas dixo...

Aledámonos de verte por aquí,L.A.Sío, creo que de novo. Grazas por todos os teus comentarios. Como podes ver, seguimos soñando.