1º. Nesta entrada recollemos os pareceres de 1ºde eso para o caso de que se volvan divinos.
2º. Esta proposta saiu da letra da canción dos Suaves "Si yo fuera dios". Podes oíla AQUÍ e podes ver a letra traducida AQUÏ; neste segundo enlace hai moitas outras propostas tamén paradisíacas.
SE EU FOSE DEUSA
Se eu fose deusa faría marabillas.
Durmiría nunha nube, xogaría cos paxaros,
voaría tocando o mar.
Non soportaría ter serventes nin escravos.
Consideraríame unha humana con poderes
e un pouco especial.
Podería transformarme en todo o que eu quixese,
mesmo nunha humana "normal" para saír de compras
ou ir ao cine.
Que divertido!
Faría nubes brancas e tamén grises
que formarían a chuvia e os chuvascos,
subiría a persiana da Terra
para que o sol espertase a xente pola mañá
e baixaríaa pola noite
para que os nenos fosen durmir.
Lanzaría raios que iluminasen na tormenta
nos días feos.
Tamén xogaría a modelar as nubes
para que xente coma ti
se marabillase.
By Happy Girl
SE EU FOSE DEUS
Gustaríame ter un Ferrari de cor vermella
e un iate para navegar.
Tamén non estaría mal ter un chalé con piscina
e vistas espectaculares.
Pero tamén faría que houbese paz no mundo,
comida para todos
e nada de contaminación...
By Bala10
Se eu fose deus, acabaría coa pobreza no mundo. Viviriamos en paz. Mercaría un iate. Nada de contaminación e sempre sería verán, procuraría que chovese algún día.
By Mercurio
Saciaría a fame do mundo. Non habería pobreza. Remataría inmediatamente todas as guerras e destruiría todas as armas. Prohibiriía todo vehículo contaminante. Usaría enerxías renovables. E tería unha casa perto do mar.
By Extintor
Sempre iría sol. Deixaría medrar as árbores dos bosques. Faría que nunca houbese guerra. Se hai terremotos nun país, como por exemplo Xapón, salvaríaos a todos. Seriamos todos inmortais vivindo do conto .
By Omzo
Eliminaría a contaminación do mar para que non morresen nin animais nin persoas e para poder bañarnos en augas limpas.
By Bolboreta
O primeiro que faría sería outro planeta igual á Terra. Eliminaría a violencia, os volcáns, terremotos e contaminación. Faría máis bosques. Limparía as augas e faría que lucise o sol en calquera parte do planeta. De vez en cando chovería e tentaría que o noso planeta fose máis grande en todos os sentidos.
By Charli
Acabaría coa pobreza. Arranxaría as beirarrúas. Nada de contaminación. Iría vivir ás Cíes, nunha casiña con futbolín, pin pon e campo de tenis. Invitaría ás miñas amigas a pasar o mes de agosto e tamén aos meus amigos. Andaría sobre a auga e daría a volta ao mundo co meu mozo e casaría con el na torre Eiffel, arriba de todo. Sería unha deusa casada.
By Sweet
Saciaría a fame e a sede de todo o mundo. Replantaría os bosques queimados para que liberasen osíxeno e limpasen o ar. Reconxelaría o Polo Norte. Faría un cruceiro diviño coas miñas amigas.
By Margarida
Se fose deusa axudaría aos pobres, extinguiría todos os incendios, traería a paz ao mundo e faría que todo o mundo fose boa persoa.
By Feliz
Dende a divinidade acabaría coa violencia de xénero. Nada de guerras. Nada de fame.
By Toniña
Pois eu poñería un Disneyland en cada cidade. Só habería un borrachín por localidade pintando a mona, non habería crise e as casas serían máis baratas. Cuspiríalles aos pijiños millonarios sen preocuparme de que me mandasen a un correcional. Faría que o mundo e o sol nunca morresen. Gravaría unha película con Chuck Norris na que lle daría unha tunda eu a el. Habería un día en que os nenos tivesen que ir de nenas e grabaría unha canción con Tito MC...
By Funky Donkey
Pois eu faría que chovesen de punta chuches do céo, mandaría construír edificios de chuches, faría que puidesemos voar, que todos tivesemos casas xigantes (de chuche) e que a xente non morrese.. Pero como a Terra quedaría pequena, buscaría a maneira de que puidesemos vivir no espazo; e por último, faría que todo fose de balde.
By Maní
Primeiro, descontaminaría o planeta Terra. A continuación cambiaría o horario de entrada ás 2 e o horario de saída ás 2:05. Faría que nunca houbese deberes. Teriamos clase só os venres. Comería só o que me gusta e todo o que necesitamos para vivir sería gratis.
By Mapoula
fundaría unha cidade co meu nome.
Faría as nubes cuspidiñas a min.
Faría que o vento susurrase o meu nome.
Que todos os paxaros cantasen un himno a min
que todos os libros contasen a miña historia,
que todo o mundo fose o meu templo.
By Manel
Se eu fose deusa eliminaría o mal.
Todo se conseguiría con troque e non con diñeiro.
Todas as mulleres terían acceso a grandes vestidores das mellores roupas.
Eu viviría na torre máis alta e voaría.
Faría que chovesen lacasitos.
Eliminaría a comida lixo e todas as que non me parecesen diviñas: marmelo, brécol...
Faría os retretes de chocolate.
Sería inmortal para mandar sempre...
*(risa maligna)*
By Popsy
1 comentario:
Cada un terá as súas ideas sobre o que faría. Todas están moi ben, iso é certo. Gústanme as vosas ideas.
HAPPY GIRL
Publicar un comentario