luns, 30 de maio de 2011

QUE PASOU AQUÍ?


Paro a moto nun semáforo vermello do paso de peóns a altura do Corte Inglés. Algo, de súpeto, chama a miña atención. Non podo crer que unha ovella ande tan tranquila pola Gran Vía. Ninguén parece decatarse, así que esquezo o conto cando a luz vira a verde. A altura de Urzaiz algo prodixioso sucede, non hai tránsito rodado, semella que a zona peonil do Calvario se prolongou indefinidamente por toda a cidade. En vez de automóbiles andan preguiceiros os carros de bois polo medio e medio das rúas e todo o mundo vai andando. Un par de vellas tenden a roupa nas solainas de pedra. Ollo para a miña moto e penso que non é adecuada para o novo escenario, déixoa arrimadiña a unha árbore e póñome a camiñar distraidamente. Terei que poñerme ao día nesta nova vella cidade.

Ideanarrativa aportada por .....................Vaniich

8 comentarios:

R.P dixo...

Está ben a historia.A autora ten moita imaxinación.

Lúar dixo...

Moi bóa composición que nos deixa intrigados sen saber como todo acabou desa maneira. Queremos unha precuela!

Celeste dixo...

É un relato moi orixinal e divertido. Encantoume a actitude que adopta o protagonista, adaptándose as circunstancias sen prexuízos.

Noyeya dixo...

É un relato moi orixinal onde a protagonista,inda que estivera acostumada as tecnoloxias, habituouse ao ritmo de vida do pasado.

bibson dixo...

pareceume moi bo o poema porque te dice como era vigo na antiguadade. Podedes recordar a situacion de vigo

EFFO dixo...

Gusatame moito esta trasformación xa que esta autora pode emanar coas suas obras a enerxia dos persoaxes

Marta Castaña dixo...

Gústame moito este relato, ainda que quedeime coa intriga de como chegou a esa situación, pero en resumo é moi bo e me gustaria seguir leendo relatos como este. Un bico

Anaita dixo...

Estupenda imaxinación!Gústame como comparas que estas perdida no tempo, xa que a túa moto non pinta nada.