ÁRBORE AZUL
A miña nai díxome que non fose ao pé da árbore azul, porque é onde vive o trasno azul. Vale, pois eu dígolle que vou en cas Jamie botar un pito. É un domingo soleado, sen nubes no céo. Camiño pola rúa para dirixirme a casa do meu amigo. Vexo a árbore azul e o trasno ao seu lado. Achégome a el e tomo a súa cabeza entre as miñas mans e guíndolla ao céo. Cando chego a casa de Jamie bato na porta e ábreme o trasno. Asústome tanto que choro. Dígolle que estou arrepentido. El sorrí e méteme para dentro. Do único que me acordo é que esperto no hospital sen brazos, sen pernas e sen un testículo.
2 comentarios:
Louffa, o teu DUENDE en galego dise TRASNO, e estes personaxiños son moi característicos da narrativa oral tradicional. Moi simple e fermoso o conto, non hai que andar por aí maltratando a xente, non si?
o-0 O autor ten moita imaxinación
Publicar un comentario