mércores, 25 de maio de 2011

O MAR E A AREA


O Areal e o Berbés hai 200 anos



Só eran unhas pequenas casas ao pé da praia, casas mariñeiras sempre  cheas de xente. Os soportais en forma de arco servían como punto de venda do peixe fresco traído a diario do mar. Vendíase en patelas feitas a man polos cesteiros. Mentres a súa nai andaba no trato do peixe, a nena xogaba descalza na area, sentindo os seus pés afundirse para burlar o aborrecemento. A praia era inmensa e gustaba da súa cor aloirada brillando ao sol. Gustáballe ver dende a súa fiestra os barcos que arribaban á praia. Pero pouco a pouco, a medida que ela medraba, todo empezou a mudar. A praia deixou de ter aquelas dimensiíons xigantescas, a fiestra da casa xa non daba ao mar. Os barcos empezaron a atracar nos peiraos das fábricas de conserva. A area dourada foi sepultada baixo o asfalto e a vella cultura mariñeira aos poucos foise perdendo.
O Areal hoxe
Micronarrativo aportado por................EFFO

8 comentarios:

EFFO dixo...

Moitas grazas polas criticas constructivas moitos bicos

Marta Castaña dixo...

Gustoume moito este fragmento porque é facil de entender tanto pola forma de escribir e polos detalles que neste se di.

Chus dixo...

O vocabulario deste texto encántame, xa que o autor descríbenos un ambiente antigo, rural.
É unha bonita historia a que nos conta EFFO.
Anímote a que continúes escribindo con ese entusiansmo que ti lle pos.

Anónimo dixo...

É un relato precioso, o autor ten moito talento.

Anaita dixo...

Gústame como comparas a cor aloirada do sol e como nos indicas a perda desa vella cultura durante estes 200 anos. Aconséllote que sigas escribindo, xa que ti sabes como darnos a entender todo o que queres expresar.GRAZAS

jimbo dixo...

cada ano comemos mais metro o mar non creo qe sexa bo, hemos posto moito cemento encima do mar

Lúar dixo...

É unha pena toda a cultura mariñeira que perdimos en Vigo. Cada vez estamos apartando mais o mar de nós e me encantaría poder vivir na época que o autor deste relato describe. As cesteiras, os mariñeiros... Perdeuse moita vida.
Parabens!

Noyeya dixo...

Esta historia é moi interesante,e é unha pena que a praia se perdera. Gustariame ser a protagonista do relato que poido disfrutar daqueles tempos nos que o mar era a nosa principal fonte de vida,e vivir por min mesma as anécdotas e experiencias que tanto nos contan os nosos avós.