martes, 10 de maio de 2011

MAMASUNCIÓN Sempre Chano




Para ver Mamasunción
Como xa temos a curtametraxe no Carallocorou, achegamos unha entrevista que Manolo Rivas fixo a Chano Piñeiro na TVG, cando a televisión galaica iniciaba a súa andaina. Que disfrutedes dos dous vídeos. Nos comentarios podedes aludir a calquera deles.

11 comentarios:

SUSO dixo...

Unha velliña de aldea agarda impaciente a chegada dunha carta que nunca chega. A carta que agarda é do seu fillo emigrado en América dende hai 40 anos. A protagonista non fala nada ao longo de toda a historia, é como se o silencio do fillo provocase o seu silencio. Cando por fin a carta chega, como non sabe ler, ponse moi contenta só de mirar para ela. A alegría da vella contaxia o vello reloxo. A final é tráxica e inesperada.

EFFO dixo...

Nesta curtamentraxe, Chano Piñeiro reflicte claramente como a emigración é sufrimento, para a persoa que marcha e para as que quedan. Impactoume como Asunción Rocamonde sen falar nos dá a entender a dor da espera tatuada na súa cara chea de enrugas e saudade. A escena final é moi significativa, os veciños petando á porta desesperados pola sospeita e ela executando un xesto para cuspir sobre o mundo materialista.

MPIMA dixo...

" Eu son probe pero con educación fágome respeitar", " eu mentres traballo, non bebo" Di o borracho ironicamente falando só. Este personaxe é o encargado de darlle a mala nova a Asunción da morte do seu fillo, o único que ten valor.
A vella é feliz cando recibe a carta e,aínda que non fala, o acontecemento é capaz de arrincarlle un sorriso.

Destacar que o idioma utilizado é galego coloquial con variante dialectal para a expresión oral e galego formal na carta que escribe o fillo. O castelán só aparece na postdata redactada polo consello de administración da empresa mexicana. A vella non fala.

Lúar dixo...

Mamasunción conta a historia dunha anciá enloitada dun pobo de Ourense que ten un fillo que marchou fai coarenta anos a Mexico, onde se fai rico. O director remarca a foto do xove e por detrás deixa como única música o són do reloxo que indica a espera da pobre nai. Así Chano Piñeiro leva a cámara a tódolos sitios que vaia a muller para ensinarnos a súa soidade e de paso mostranos o ambiente dun pobo rural típico da época da posguerra (un cadro do dictador na oficiña de correos danos esa información), vemos mulleres no lavadoiro, un home bébedo pedindo diñeiro e ata un neno lanzando pedras co seu tirachinas. Asunción vai á oficiña de correos tódolos días a ver se ten algunha carta do seu fillo, mais cando lle chega algunha ten que pedir axuda a outras persoas porque ela non sabe ler. Un día chégalle unha carta na que lle comunican a morte do seu fillo e explícaselle que se procederá a entregarlle o diñeiro que o seu fillo gañara fora da súa terra. Asunción, destrozada pola pérdida do seu fillo decide queimar o botín mais seus veciños marchan correndo detrás dela para detela, finalmente non o conseguen. Mamasunción, foi a primeira producción cinematográfica en galego e se centra no tráxico tema que Galiza sufriu durante moito tempo da súa historia: a emigración. Esta historia baséase nun suceso real e ensínanos como a pérdida dun fillo non ten diñeiro que a pague.

Lúar

Chus dixo...

Esta curtametraxe amósanos cómo se vivía a marcha dun ser querido a outro pais en busca de diñeiro e un futuro mellor. Impactoume cómo Chano consegue que esa vella muller transmita o que sente sen falar nin facer nada. Tamén impresionoume que levara 40 anos (o tempo no que o seu fillo estaba en México) indo, día tras día, á oficiña de correos esperando unha carta del (a espera vai representada polo tic-tac do reloxo da casa e pola mirada de desperación da muller cando observa a fotografía do seu fillo). Ao final pareceume moi ben que queimara o diñeiro, xa que o amor a alguén non se compra e porque os veciños tolearían aínda máis por esa suma de dólares.
Nesta curtometraxe tamén amósase como entre cidadán e familiares fálanse en galego, pero que cando chega a carta do consello de administración da empresa mexicana pola morte do fillo, está en castelán.

Amina dixo...

Esta curtametraxe reflicte a situación de miseria e desgracia que sufrían algunhas cidades ou pobos galegos pola emigración durante a dictadura,tanto económicamente coma psicolóxicamente;xa que retrata a vida de unha señora maior que día trás día espera noticias do seu fillo,que emigrou a México en busca dunha vida mellor.Chano Piñeiro consegue emocionar ao espectador coa escena posterior á notificación da morte do fillo, cando Mamasunción quema os cartos que lle deixara o fillo en herdanza
amosando que o diñeiro non se pode comparar ao amor que unha nai sente polo seu fillo.

Anaita dixo...

Neste cortometraxe, nótanse as esencias e as bases da convivencia nas aldeas; reflexa unha época de recordos emigrantes, rica en detalles dunha Galicia que as costumes plasmadas neste corto estanse a quedar obsoletas. Marabilloume a naturalidade dos personaxes e as paisaxes típicas da terra, quedan grabadas nas nosas mentes as malas épocas de onte mesturadas con un punto de codicia por parte do pobo, xa que cando a señora recibiu a herencia do fillo, non a foron axudar, senon que solo querían os cartos dela. Pero ela tivo a idea de queimar os cartos para así non ter ningún tipo de problemas e seguir a sua vida como antes, sen falar con os veciños e así segue tranquila como sempre.

RP dixo...

A muller vai morrendo lentamente deitada na súa cama, sen pensar na soidade que a acompaña.
Vai todos os días a correos pero ninguén se lembra dela. Pero un día chégalle unha carta, mándalla o seu fillo emigrado a México dende hai corenta anos.
Alguén lla le e por ela entéirase que o seu fillo morreu e déixalle toda a herdanza. O que fai con ela dota a histroria dunha final imprevista e chea de significado.

noelia dixo...

Nesta curtametraxe podemos observar a unha anciá que vive nunha aldea e cada día vai a oficina de correos a espera da carta do seu fillo.A carta non chega nunca,cando por fin chegalle a carta;ainda que non sabe leer ponse moi contenta so de ver para ela;a alegria da anciá chegalle o vello reloxo,ata que o borracho que era o único que sabia leer pois abrella para leerlla.Nela comunicalle a morte do seu fillo,e a herdanza que lle deixou,o final a anciá queima o diñeiro.´´Prefire ser probe e ter ao seu fillo vivo,antes de ser rica e ter ao seu fillo morto´´(O diñeiro non da a felicidade)

bibson dixo...

mamasuncion e unha curtametraxe na o intrepretador fala da vida de un mozo que vivia nunha aldea. que un dia marcha da aldea para buscar un traballo no extranxeiro pero a vida resultou dura leva anos sen escrire nin chamar a sua familia que deixou atras ata un dia escribou unha carta. cando foi a buscala a esperanza e mui longa ao final a muller terminou queimando o diñero

marta castaña dixo...

Mamasunción demóstranos como ben din, que aesperanza é o último que se perde, xa que a muller sempre tivo a esperanza de que lle chegase esa carta que ela tanto esperaba do seu fillo que estaba lonxe dela. Non facía nada mais, sóesperar por esa carta que un día por fin lle chegou. O feito de que non soubese ler, non parecía importarlle, xa que o único que ela quería era saber que tinha noticias do seu fillo.
Despois con o feito de que se mostra indiferente cando lle dan a fortuna toda do fillo, e cando se mostra tamen indiferente sabendo que o seu fillo estaba morto, isto mostranos como non lle ia importar tamen ese diñeiro, e por isso queimao.