luns, 30 de maio de 2011

KEUR ALIOUNE NDIAYE


A miña cidade chámase Keur Alioune Ndiaye. Foi fundada en 1918 por un señor chamado Alioune Ndiayac, un rico gandeiro.
Onde el vivía había moita xente con ovellas e vacas, e non había pasto para todos. Entón el saiu á procura dun lugar onde puidesen comer ben todos os seus animais. E topouno. Detrás del viñeron outros e entre todos crearon unha pequena vila que se acabou convertendo nunha das cidades máis grandes de Senegal. Agora ten uns 80.000 habitantes, algunhas empresas e varias estradas.

Rebovinado aportado por................BIBSON

8 comentarios:

Celeste dixo...

É moi interesante, un relato onde a realidade supera á ficción.

Raul Manuel dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Lúar dixo...

É xenial poder ler historias doutros lugares do mundo. Este relato móstranos a necesidade que tiña a xente de moverse dun lado para outro ao depender do gando, fonte de vida de África, desta maneira foronse creando multidud de cidades.

EFFO dixo...

Este relato é o claro exemplo de como todas as persoas que teñen un soño poden conseguilo e facer que a sua vila prospere MOI BEN

Anaita dixo...

Paréceme incrible como poden chegar a cambiar as cousas e transformarse así tan de repente. Gústame saber que tamén podemos ler cousas doutros paises como por exemplo de Senegal, xa que temos a compañeiros dese lugar. Grazas por amosarnos estas cousas.

Chus dixo...

Ao principio a historia é un puco triste, pero gústamo como ó final todo se torna mellor. É un relato bonito, cheo de sentimentos.

Amina dixo...

Este é un claro exemplo de como unha necesidade, como a de alimentar os animais, pode levar a conseguir cousas que,aínda que non entraban nos nosos plans,convertense en grandes proxectos que impulsa á prosperidade e beneficia as persoas.

loufa dixo...

Cette région est l'une des arrondissments les plus peuplés au SENEGAL .IL y a de l'elevage,l' agriculture et la culture tradicionale.L'élevage en est vitale.C'est l'instrument lequel les habitants peuvent se remporter la valor de l'agriculture.
Et L'agriculture permet á eux de se nourir sans dépenser beaucoup dans les supermachérs .Les élevage s'envenhissent tous les coins.