martes, 24 de maio de 2011

DESPOIS DO GRAN APAGÓN


Revolta eléctrica
Aínda lembro cando empezaron os cortes de luz. O Estado dicía que soamente se trataba dunhas probas de enerxía eléctrica que se realizaban por toda Europa para ver canta enerxía era malgastada. Paris e Londres foron as primeiras cidades que comezaron a sufrir os primeiros cortes. Pola televisión víase que alí todo era un caos, a luz viña e ía coma se dunha discoteca se tratase.
Ó principio, aquí, en Vigo víamos como unha anécdota o que pasaba nas grandes cidades europeas, despois de todo, para ben ou para mal, aquí as cousas sempre chegan vinte anos máis tarde. Foi en nadal cando comezou a faltar a luz. Lémbrome perfectamente que todo o mundo quedou coa quinta uva na boca, cando de súpeto, foise a retransmisión desde a Porta do Sol de Madrid e a televisión deu un chispazo. Meus pais preguntábanse se o seguro do fogar cubriría os desperfectos, pero non tardamos en descubrir que esa non ía ser a maior das nosas preocupacións.
 Un día especialmente intermitente no que a electricidade se refire, a luz foise e desde entón non nos voltou visitar xamais.
Xa podes imaxinar a escena. Ninguén tiña nin idea do que pasaba no mundo, a meirande parte dos coches eran eléctricos e os que quedaban a gasolina pronto quedaron parados coma os outros. A comida comezou a escasear e comezaron os saqueos, daquela deime conta da estupidez dalgúns seres humanos pois había grupos de xente ós que non se lles ocorrera nada mais que saquear as tendas de electrodomésticos.
As rúas estaban ateigadas de xente que andaba desorientada e pronto tivemos que pensar na maneira de conseguir alimentos. Ó final chegamos a conclusión de que non íamos ter mais remedio que volver  vivir da mesma maneira que facían os nosos antergos, agora tocaba sementar e recoller. Así, en calquera zona verde que atopabamos sementabamos o que podíamos coas sementes que algúns aproveitamos para roubar e íamos subsistindo co pouco que había.
Nun mes o parque de Castrelos estaba dividido en diferentes zonas: a dos tomates, as patacas, o millo e diferentes tipos de vexetais que despois de estar acostumados á comida rápida tivemos que comer á forza, era iso ou morrer. Aquí en Vigo tamén tivemos sorte coa fauna mariña pois abondan os peixes e os mariscos. Así que dentro do que cabe, os vigueses fomos moi privilexiados, ó contrario da xente do interior da península pois a súa dieta estaba baseada única e exclusivamente en pipas de xirasol que abundaba por esas terras.
Cando pasou un ano enteiro sen luz, as cousas comezaron a organizarse mellor, mais a vida era moi dura, moita xente morreu de fame, ou simplemente suicidouse ó quedarse sen conta en Facebook, pero aquí, eu, despois de cincuenta anos sen luz, podo dicir que son un supervivente que conseguiu adaptarse e penso que, despois de todo, a raza humana fíxose mais humana desde o día en que a electricidade se rebelou contra o sistema.                             
Rúa do Príncipe cara 1920
       Prospección no futuro aportada por.....................LUAR                                                                                             

6 comentarios:

R.P dixo...

Gustóume moito ésta historia.É divertida e conta algo que pode pasar nun futuro próximo.

EFFO dixo...

As formas de narrar deste autor denotan os sentimentos que o unen a narración.Este autor nunca defrauda aos seus lectores asi que como era de esperar puidemos deleitarnos con esta fermosa obra

Anónimo dixo...

eu faría máis ou menos o mesmo que os do conto,faría un horto para poder sobrevivir.

extintor

Anónimo dixo...

Eu poñería velas para poder ver.
Alimentariámonos de vexetais e mariscos.
Non me suicidaría por non ter conta en facebook jaja.
By La Rubiah.

Anónimo dixo...

A historia lembroume que tamèn no meu pais,Senegal, houbo un apagòn de tres días en Dakar. Se non volvese tentaría ir a un país onde houbese electricidade

Omzo

Anónimo dixo...

Nos,non poderiamos vivir sen luz.Teriamos que vivir do noso cultivo e dos peixes do mar.
E para distraernos xogariamos cos nosos amigos aos xogos que xogaban os nosos pais cando eran pequenos.

Margarida e Bolboreta