luns, 30 de maio de 2011
ano X220
Estamos no ano de gracia X220
Un tipo de radiación solar descoñecida impacta contra a terra e deixa todo o planeta sen subministro eléctrico.
A avaría é gravísima, ninguén sabe como arranxala, así que a poboación mundial empeza a decatarse que é mellor aceptar que vai ter que adoptar un estilo de vida máis rústico, sen tecnoloxía que dependa de enchufes.
Dende o punto de vista dun vigués de 26 anos, parece que a cidade volveu á era pre-eléctrica.
Por Sanxurxo Badía empezaron a circular carros de bois e bicicletas e cabalos arrastrando carretadas de mercadorías para o mercado de Teis.
Na Gran Vía volveron pastar os rabaños de ovellas nas numerosas zonas verdes que agromaron espontáneas alentadas polo clima e a baixa radiación solar.
Todo o paredón de edificios da Travesía de Vigo foi vindo abaixo pouco a pouco polo abandono permanente da poboación e o éxodo cara a zonas rurais . Moitos campos abandonados foron recuperados para o cultivo e pastos. A xente que queda aprende a sobrevivir.
A vella panificadora ponse en marcha de novo, como obradoiro de actividades artesanais.
O centro comercial A Laxe é reconvertido en almacén de produtos derivados da pesca e de alimentación en xeral.
O mundo vira en pasado neste futuro post-eléctrico.
Premonición aportada por......RP
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
É un texto moi ben expresado e cun punto de vista obxetivo ven plantexado
Moi bóa descripción da cidade nun futuro atrapado no pasado, esa imaxe dos carros de bois por Sanxurxo Badía e o centro comercial A Laxe coma un almacén de peixe son sorprendentes e ata me gustaría poder velo cos meus propios ollos. Parabens!
É un texto interesante e orixinal. Un posible futuro para moitas cidades do mundo.
Esta visión do futuro é moi interesante por que amosanos que se algún día perdemos todos os luxos,como a electricidade ou todas a máquinas, que nos rodean volveremos a vivir coma os nosos avós, non é unha visión dun futuro máis prospero tecnoloxicamente pero quizais un futuro máis ecolóxico e un futuro mellor se retomamos costumes que non facían dano ao medio.
Publicar un comentario