mércores, 21 de outubro de 2009

O anxo dos nenos


Refire unha antiga lenda que un neno que aínda non nacera lle dixo a Deus:

_Dixéronme que vas enviarme á Terra, mais como vivirei aló ten pequeno e tan feble como son?

_Entre moitos anxos escollín un que te agarda- contestoulle Deus.

_Mais dime, aquí no céo non fago máis que cantar e sorrir e iso é a miña felicidade, poderei facelo aló?

_Eu mandarei un anxo para que cante e sorría para ti todos os días e sentiraste feliz coas súas cancións e sorrisos

_E como entenderei cando me fale se non coñezo ningunha das estrañas linguas que falan os homes?

-Un anxo che falará coas verbas máis doces e máis tenras que escoitan os humanos, el ensinarate

-Que farei cando queira falar contigo?

_Un anxo xuntará as túas manciñas e ensinarache unha ladaíña

_Escoitei que na terra hai moitos homes malos, quen me defenderá?

_Un anxo defenderate aínda que lle custe a vida

-Mais estarei sempre triste porque non te verei máis, Señor. Sen te ver sentireime moi só

_Un anxo sempre che falará de min e mostrarache o camiño para volveres á miña presenza, engadiu Deus. Nese intre unha chea de paz reinaba no céo, non se escoitaban as voces da Terra. O meniño repetiu docemente: dime o seu nome, Señor, dime o seu nome. O Señor respondeu:

mamá...

1 comentario:

tirarrollas dixo...

diálogo máis que necesario entre o creado e o creador e a muller como elemento indispensable de mediación. Parabéns a autora do texto