Textos, debuxos e posta en escena do alumnado de 1º da ESO.
As letras están inspiradas no poema BANDO de Manuel María.
Os debuxos están extraídos dos cadernos do presente curso. Hai moitos motivos referidos ás mámoas de Candeán que visitamos a principios de curso. Tamén aprecen ilustrados os traballos sobre O bosque animado , a horta, a gramática e asuntos varios.
BANDO
Prohíbese por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de boa familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros
Dáse este bando en tal e cual
para que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado
MANUEL MARÍA: Documentos persoais, 1958
Prohíbese por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de boa familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros
Dáse este bando en tal e cual
para que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado
MANUEL MARÍA: Documentos persoais, 1958
Ningún comentario:
Publicar un comentario