Eu son un gladiolo,
non unha azucena
que dá moita pena.
Teño un talo xigante
e moi alucinante.
Son moi belo
e brillo coma un estrelo.
Vexo a xente pasar
como as ondas do mar.
Vivo en terra firme
da que non quero irme.
Cada semana me dan
auguiña fresquiña
e así son máis feliz
que calquera xiz.
Unha mañá vin un rato
e a miña dona dixo:
coidado que o mato!
Miña dona é vella
e estáchevos tola
cada mañá esperta
dicíndome: ola
Son un simple flor
e así na miña vida
diga o que diga
non sempre se cumpre
todo o que eu pida.
PRUSTIC720
Son un xasmín
e a miña historia non ten fin
Eu son un dente de león
e vivo nun precioso casón
Eu son un gladiolo
e estou un pouco tolo
Son unha rosa
de todas as flores a máis fermosa
Son unha margarida
de todas as flores a preferida
Son un caravel
e
vou facer
unha máscara de papel
Son unha lila
e detesto
os aparellos
que levan pilas.
RUKIA SCARLET
O LÉXICO DAS FLORES estanos dando moito xogo literario. Deixamos dous exemplos con rima . Quédannos pendentes un par de historias con xirasois mutantes e rosas desesperadas polo asasinatos masivos de San Valentín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario