luns, 16 de abril de 2012

Facendo memoria .....


Presentación san simón
View more PowerPoint from tirarrollas


Este traballiño en diapositivas forma parte dun traballo en equipo realizado por un grupo de profesores e profesoras que hai uns anos tivemos a brillante ocorrencia de poñernos a investigar cousiñas que un pode aprender observando simplemente a contorna da Ría. Os de lingua investigamos a toponimia, as variantes dialectais, o léxico referido ao arboredo, a presencia literaria.... os de xeografía e historia contáronnos sobre a formación xeolóxica e características do territorio, a súa progresiva humanización, a gloriosa Idade Media, as batalliñas, os ataques corsarios, os tesouros afundidos, a Guerra Civil....... os de biloxía aportaron toda a súa sabedoría vexetal, animal e mineral, concretamente  fíxose un estudo de campo de todos os seres vivos que hai agochados no fondo da ría e dos cales atopamos rastros nas grandes mareas vivas dos solsticios e equinocios facendo unha pescuda intermareal na enseada de San Simón, a terra dos chocos....e tamén fixemos unha exposición fotográfica sobre os tremendos cambios urbanísticos da vila de Redondela, que ten moita máis historia da que poida parecer. Esta colaboración interdisciplinar non tivo máis proxección exterior que a que lle demos naquel momento con exposicións e presentacións de diapositivas. Afortunadamente, nestes caderniños parece que podemos recuperar parte dese traballo co único afán de que aprendades o bonito que é estarmos vivos nun lugar cheo de prodixios, neste recunchiño do noso prodixioso planeta. Un saúdo á gran xefa, Azucena, que anda polo norte do país e outro para Felipe e Domingo, que si están. E aínda outro máis con aperta para Guillermo, que goza dunha feliz xubilación, e para Emilio, andará aínda pola Lama?
Alégranos poder seguir tirando das rollas.


Enlaces de interese:


. Vigo e Julio Verne


Ningún comentario: