venres, 13 de xaneiro de 2012
Man de Camelle
Na páxina web adicada a Man de Camelle tivemos a fortuna de dar con este vídeo en que o alemán aínda estaba vivo e ninguén sospeitaba o tráxico final da súa gran historia persoal. Rodado no verán do 86, podemos ver parte do seu traballo ao ar libre e coñecer algo da súa misteriosa personalidade. Quen isto escribe lembra estar no xardín de pedra construído por Manfred e falar con el nun ton amabilísimo e acolledor tamén a finais dos 80. Estamos seguros que entre todos os que admiramos a súa obra conseguiremos que non caia no esquecemento máis absoluto. Quedades invitados a unha visita virtual a través do enlace que vos deixamos .
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
13 comentarios:
Man era un gran artista, un pouco raro. Eu non o coñecía. Sorpréndeme a forma das súas esculturas e o material que usa.
MANÍ
Man facía figuras con materiais que collía da natureza; era vexetariano e a súa casa tamén era unha obra de arte. Poñía cristais de cores nas ventás para que cando o sol se pousase colorease o seu interior. A xente queríao. Morreu de pena por culpa dos verquidos do Prestixe.
MINITOTEX
Manfred era alemán, profesor de pintura e debuxante no seu país de orixe, logo veu a Galicia en busca de inspiración e quedou a vivir na Costa da Morte. A súa é unha historia moi triste.
BOLBORETA
É impresionante como un home guapo e ben vestido, licenciado en Belas Artes, acabou nunha casiña na praia vivindo en taparrabos. É moi triste que o seu traballo acabase cuberto polo verquido do Prestige.
POPOU
Paréceme incrible que un home poida sobrvivir tanto tempo alimentándose só de algas e de vexetais que lle daba a xente. Tamén me sorprende que fose sempre en taparrabos, incluso en inverno. Gustoume moito a súa cando a luz entraba a través dos cristais de cores. Deume moita mágoa que o chapapote destruíse a súa obra e tamén a el.
MAPOULA
Man era incribles, deixou todo canto tiña e foi vivir á beira do mar para expresarse e facer a súa obra con total liberdade.
FUA
Manfred parecía débil pero aguantou moito sen enfermar. Facía como arte abstracta. As súas esculturas son raras pero bonitas.
FUNKEY DONKEY
Gustoume moito o vídeo, sobre todo as esculturas. Parecen feitas pola praia e polo mar.
COOL
Parece mentira que unha persoa con apariencia tan fráxil poida facer unha arte tan poderosa e firme e ademais utilizando só recursos naturais encontrados na praia. Precioso.
ESTRELA
A min pareceume unha historia tráxica e á vez bonita. Gustáronme esas esculturas. Era alemán e veu a Galicia buscar inspiración. Quedou a vivir na Costa da Morte.
MARGARIDA
Man estaba tolo, pero hai que recoñecer que as súas esculturas eran moi boas, e ademais usaba obxectos pulidos polo mar.
MANEL
Manfred era debuxante e pintor. Un día, tras un fracaso amoroso, sentiuse moi mal e marchou para sempre de Alemania. Veu a Galicia, a un pobo chamado Camelle. Alí ganaba a vida co que pintaba, pero el non quería diñeiro, quería ir de taparrabos e comer algas. Construiu el só un museo ao ar libre, fixo esculturas, debuxos nas pedras e así.
OMZO
A min gustoume moito como comía, como era a súa casa, como collía as cousas que traía o mar, como se vestía...
Publicar un comentario