xoves, 7 de abril de 2011

NEGRASOMBRA

Negrasombra é unha muller desas cun carácter un pouco psicótico.

Unha vez deulle por ir polo país adiante visitando circos nos que secuestraba persoas que pola súa anormal estatura eran exhibidas ao público. Unha vez capturadas, usábaas de empregadas de fogar e cando se fartaba disecábaas para exportalas aos EEUU onde eran usadas como gnomos de xardín ( case sempre de herba artificial).

Un día, despois de raptar o seu sétimo anano, a Negrasombra veulle a fame e decidiu ir a un Kebab saciar o seu apetito. Comeu con tanta ansia que un anaco de cordeiro lle quedou entalado na gorxa e, faltándolle o aire, caeu ao chan sen sentido.
O dono do establecemento pensaba que a muller morrera mais, de súpeto, ela abriu os ollos, levantouse e comezou a bailar ao son da música que saía pola radio, o último da súa banda favorita: Blue Prince.

Negrasombra comprendeu, abraiada, que fora esa canción a que a devolvera á vida. E valorouna por primeira vez na súa vida. Decidiu no instantiño non volver raptar máis ananiños. Curou da súa psicopatía para se converter nunha desas adolescentes que pasan a chorar de emoción todo o día, esquecendo todo o demais.

Narración aportada por.......................LÚAR

11 comentarios:

Lúar dixo...

Perdón :( Olvideime de poñerlle o nome. Son Lúar.

uaniich dixo...

esta versión non é unha das miñas favoritas pero aprecio o esforzo e a orixinalidade, unha boa remasterizacion.

mpima dixo...

Tes moita imaxinación esto no mundo real non pasa. É moi orixinal e gracioso

R.P dixo...

A min este conto non me gustou moito.A hisotira pareceume un pouco vacía e non quero volver a leelo.

effo dixo...

Vou a ser moi critico con esta remasterización xa que o autor ten que ser moi bó.
Esta remasterización é moi boa, gustoume moito. O fio argumantal da remasterización deulle un toque filosófico e divertido ao conto orixinal,quero felicitar ao autor pola magnífica remasterización e a/o responsable da imaxe.
Eu penso que esta remasterización tivo que levar un 10.
O autor pode mellorar pero segue sendo un bó conto remasterizado.
ÁNIMO!!!

amina dixo...

É unha versión interesante. Non tomes esta crítica como unha filípica pero, creo que mutatis mutandis este conto é un pouco predicible. Douche un aprobado in extremis.

Suso dixo...

non me parece un conto real, e pareceme que selo toma un pouco a cachondeo

Celeste dixo...

Costóume un pouco darme conta sobre qué conto estaba baseada esta remasterización. Pero cando lin o dos ananiños dinme de conta. É moi divertida e orixinal. Admiro a maneira en que lle deu a volta a toda a trama. É xenial e oscura.

Lúar dixo...

Grazas polos vosos comentarios,e grazas ós que lle gustou o conto, especialmente polos que fóchedes mais críticos, pois son esa clase de comentarios ós que fan a un mellorar.

galego en londres dixo...

Estou fascinado co voso blogue. Outra volta dende Londres. Mañá verano os meus alumnos de Bach. E tomaremos ideas. Grazas.

Anónimo dixo...

Tomade todo o que queirades. Isto é para todo o mundo que guste de disfrutalo. Estannos nacendo ideas novas a diario e encántanos saber que lle gustan a alguén. Grazas, Londres. Seguimos en contacto.