mércores, 6 de abril de 2011

H & G A RESISTENCIA

Houbo unha vez no futuro unha cidade sostible na que os cidadáns debían seguir unha dieta programada polo goberno: o plan BRUXA ( Bloque Rector Unilateral Xeral da Administración) pensada para converter os cadáveres en combustible.

Pero dous xoves irmáns, H e G, operaban na resistencia, que se adicaba a infiltrar miguiñas de pan ( que, como todo o mundo sabe, fan que o corpo non prenda ben) nos bancos de alimentos coa esperanza de que se lles acabase o combustible e o sistema quebrase.

Pero a policía secreta do BRUXA capturounos e ameazou con matalos. Mais antes alimentáronos ben xa que os tempos non estaban para desperdiciar dous bos corpos. Eles, ao principio, negábanse a comer, pero á final a fame puido máis ca eles e comeron.

Cando xa todo parecía perdido e coidaban que ían morrer, os camaradas da resistencia invadiron o centro de operacións do BRUXA e derrocaron o goberno.

Finalmente, todo o mundo tiña  liberdade para levar a dieta que quixese e foron quen de substituír o combustible humano por outro totalmente novo: as miguiñas de pan.


Remasterización de Hansel e Gretel feita por....................................Uaniich

5 comentarios:

R.P dixo...

Ésta versión gustóume máis que o conto tradicional.Recoméndolle o autor que siga escribindo porque ten moito talento.

Suso dixo...

comparto a miña opinion con RP, o libro e escueto pero o contenido gustoume moito,recomendo o autor/a a qe siga facendo máis contos.

tirarrollas dixo...

É unha versión moi imaxinativa. Converter un plan gubernamental en BRUXA é un achado. A idea de usar os cadáveres para producir enerxía aparece no Feliz mundo novo de Huxley. O das migas de pan é un detalle onírico. Moi ben!

bibson dixo...

É un conto moi bonito recomndolle o escritor que siga escribenbo contos infantis para os nenos siguen disfrutando de seus contos a min gustome moito leen Vds o conto é moi interesante

effo dixo...

Este conto É a clara replesentación dos ideais das pewrsoas que non estan de acordo coa sociedade.
A autora é moi rebelde, pode superarse