martes, 12 de abril de 2011
A FEA E O GUAPO
Bela é unha moza feíña que vive encerrada no faiado da casa, alí o seu pai inventa artiluxios para que ela sexa un chisco máis guapa. Un día, o seu pai vai a unha feira de inventores. A porta do faiado queda aberta e ela foxe. Chega a un castelo, alí vive un home perfecto e moi guapo que toda rapaza desexaría namorar, un home inacadable, chámase Besta. Ela entra no castelo e dá con el e dende o primeiro momento queda prendada. Proponlle facérense noivos. El dille que nanai. Ela empeza a perseguilo por todas as dependencias do castelo. Pero os obxectos, que están vivos e teñen personalidade propia, planean unha rebelión contra ela para axudar ao señor do castelo e acaban botándoa de alí........pero, misteriosamente, a medida que ela se vai alonxando vai virando cada vez máis fermosa e el máis e máis feíño. Entón el empeza a perseguila para tentar recuperala ( non sabemos se o que quería recuperar era a ela ou a beleza perdida, ou máis ben roubada). Bela consegue, belísima, chegar a casa montada nun brioso cabalo. O guapo bestial que virou feíño ficou encastelado pensando en quitarse a vida ante a imposibilidade de dar con Bela e a súa beleza perdida.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
19 comentarios:
Non estaría mal empezar a buscar cancións baseadas en contiños remasterizados; ben, se non é este ano será para o que veña.
É un conto moi entretido, e a canción o fai máis ameno.
O conto gustóume moito e a canción tamém.
Ésta versión do conto está moi traballada e é moi entretida.
A canción fai que sexa máis entretido. Non estaría nada mal facer máis traballos xogando coa imaxinación
é un conto moi bonito y tamen a cancion é wapa a mi gustoume moito porque nos fala de un neno que vivia encerrando por seus pais y loitaba para ser libre en sua vida
O conto é moi divertido,gustoume moito,pero a canción é un pouco deprimente e non pega moito co relato,aínda que as dúas cousas por separado están moi ben.
A verdade e que é moi orixinal.
Gustoume moito, eu non sabería como facelo. E a canción tamén e moi bonita.
non estaria mal buscar outros rapeiros mellores, como por exemplo deste estilo ZPU. os aconsello que escoiteis rapsuskley con canciones como "dando y recibiendo" espero que vos guste.
ë moi orixinal e entretenido, e a canción di cousas moi bonitas pero non encaixa co espírito alegre do conto.
Pois este conto pareceme interesante e moi innovador.Penso que está moi ben creado.
Gustoume moito.
Esta remasterización é un claro exemplo de que as obras da literatura clásica poden ser remasterizadas.
Gustoume moito
É unha versión moi orixinal e novedoso do vello conto da Bela e a Besta. E quedámonos coa dúbida de que a Besta quixera de verdade a Bela ou só pretendese recuperar a súa beleza perdida. A canción non estaba mal.
Esta remasterización sentoulle moi ben o conto que xa estaba moi visto, gustoume moito e deuma gañas de volver a ver o film.
Ainda que é un conto moi bo, non entendo por que él se volve feo ao final.
A canción paréceme adecuada para este conto.
(O de arriba é de marta castaña )
o meu nick é noyeya
Gustame a video a historia e moi bonita a canción e un pouco triste pero esta moi ben firmado: olliños negros :)
Así me gusta, parabéns a olliños negros por mergullarse no caderno e dar a súa opinión sobre os traballos recompilados de cursos anteriores.
Publicar un comentario