luns, 11 de abril de 2011

CARAPUCHIÑA VERMELLA REMASTERIZADA

Era unha vez unha nena que tiña unhas cualidades un tanto estrañas, podía adiviñar o futuro.
Un día ventou que a nai a ía mandar en cas da avoa levarlle uns confeites e que mentres ela camiñaba cara alá un lobo se lle adiantaría e comería a súa avoa, poría a súa roupa e meteríase na cama a agardar por ela e logo tentaría comela a ela tamén.

Entón empezou a planear unha estratexia. Levou unha boneca tamaño humano  a casa da avoa para substituíla. Despois deu co lobo, que estaba durmindo, e inoculoulle unha especie de anestesia, abriulle a barriga e colocoulle ben colocadiña unha cremalleira de maneira que se puidese abrir por dentro.

Chegou o día esperado de cumprir co mandado que lle encomendara a súa nai. Camiñando, camiñando, bateu co lobo, que levaba unha expresión moi rara na cara porque, ao parecer, algo tirante no bandullo lle estaba tirando. El, ignorante da operación á que fora sometido, levou a Carapuchiña polo camiño máis longo, ignorando cal era o contido da cesta ( alí estaba ben envolveita unha bomba destinada a reencher a barriga do lobo cando fose necesario e tamén uns confeites recheos de pementa). Na casa da avoa, invitouno a comer mentres el pensaba o inxenua que ela era. Despois dos confeites comeuna todiña, bomba incluída ben agochada entre a roupa. Cando a nena xa estaba no estómago do animal, activou a bomba e saiu de alí abrindo a cremalleira. O lobo, tumbado na cama, coidaba morrer de ardor de estómago por culpa dos confeites-bomba-pementa e...bum! estoupou!.

Carapuchiña observaba morta de risa dende a ventá da cociña toda a escena. Aquela noite preparou unha barbacoa coa carne do lobo, non lle fixo falta máis que botarlle un pouco de sal, porque pementa xa tiña.

Aclaración: o lobo que morreu neste conto é un lobo literario remasterizado.

Contiño ideado por..................CHUS

8 comentarios:

mpima dixo...

É un conto moi divertido e gracioso, tedes moita imaxinaxión

effo dixo...

Este conto gustame moito xa que a persoa responsable desta remasterización ten unha cualidade excelente para deconstruir estes clásicos da literatura mundial.

Lúar dixo...

Este conto que se remonta a idade media, resmaterizouse ben coa época na que vivimos, pois as bombas están á orde do día. Enhorabóa a artista!!!

uaniich dixo...

Carapuchiña sempre foi un dos meus contos favoritos, e esta versión rematou de engaiolarme. Orixinal, divertida, totalmente innovadora. Un aplauso para Chuspi.

Amina dixo...

Gustame máis esta versión que a orixinal.Moi divertida,sí señor.
Esta Carapuchiña asustame un pouco,pero pareceme interesante esta perspectiva que lle deches.

Celeste dixo...

É unha versión divertidísima e orixinal de Carapuchiña Vermella. O final foi inesperado e a autora ten moito talento. Mellor incluso que o orixinal.

noyeya dixo...

É moi entretido e moi orixinal gústoume moito:)

Chus dixo...

Grazas a todos por eses alagos que me facedes, tanto a min como ao conto.
A verdade é que non pensei que o conto fora gustar.
Moitas grazas.