xoves, 31 de marzo de 2011

CONTO POPULAR DO SENEGAL

O CAIMÁN E O NENO

Era unha vez un neno que paseaba pola mañá á beira do río, despois dunha longa camiñada topou cun caimán que andaba moi alonxado da auga, tan perdido andaba que non sabía voltar ao río do lonxe que estaba. Cando o caimán viu o neno, chamouno e díxolle:
- Andaba buscando comida para os meus fillos e non sei voltar.
O neno contestoulle:
- Se te devolvo ao río non me comerás? di que non.
E o caimán responde sorrindo:
- Como vou comer alguén que me salvou a vida?
O neno colle unha corda, ata o caimán nun fardo e pono sobre a súa cabeza. Cando chegan ao río, báixao e desata a corda. Vai o caimán e trinca unha perna do neno, o neno berra:
- Que fas? sóltame!
- Teño moita fame e voute devorar!
O neno, véndose perdido, dille:
- Antes de comerme preguntaremos a alguén se é xusto o que ti queres facer.
Pasa por alí un cabalo e cóntanlle a historia, o cabalo dille ao caimán:
- Cando eu era novo e tiña moita forza, o meu amo cada mañá dábame comida e limpábame e agora que son vello o único que me dá son patadas no cú, come ao humano, é malo.
O neno di que hai que preguntar a outro, aparece outro animal que contesta o mesmo que o cabalo. Por último, pasa un coello e o neno volve contar a súa historia e o coello responde como é posible iso:
- Es capaz de levantar un caimán? non podo crerte, volve facelo.
O neno colle e volve atar o caimán e sóbeo á cabeza. Entón o coello di:
- Agora xa podes facer o que queiras con el.


CONCLUSIÓN: Quen é bo non paga nunca con mal

Idea aportada por...........BIBSON

2 comentarios:

indignación dixo...

Pois eu levábao de volta ao punto inicial para que se safase polos seus propios medios.

bibson dixo...

pois eu tamen faria o mesmo pero ao chegar no punto inicio vou o matar porque queria matar o neno