mércores, 25 de novembro de 2009
Maruxa Mallo
O mércores, 25 de novembro, os alumnos de 4ºESOB fostes á exposición de pintura surrealista de Maruxa Mallo (1902-1995) coa profesora de Plástica.Da pintora di o poeta Federico García Lorca:"...os seus cadros son os que vin pintados con máis imaxinación, emoción e sensualidade" e o tamén poeta Rafael Alberti:" Ti que baixas ás cloacas onde as flores mais flores son xa uns tristes esgarros sen soños e morres polos sumidoiros que desembocan en verbenas desertas para resucitar no gume dunha pedra trabada por un fungo arrincado, dime por que as chuvias apodrecen as follas e as madeiras. Aclárame esta dúbida que teño sobre as paisaxes. Espértame."
Ben,e a vós que ideas vos suxiren? Rexistrádeas non comentarios.
martes, 24 de novembro de 2009
Monólogo pasado por auga
Por que eu? , por que teño que baixar a miña cadela ás oito da mañá, un domingo, e chovendo coma se fose o segundo diluvio universal? ben, quizais estou a esaxerar un pouquiño, pero é que non é xusto. Por que demo ten que ser tan, pero tan cedo?
Suponse que un domingo é o día no que podes durmir ata que che dá a fame, entón levántaste. Non espertas entre lambetóns do can e frases da nai dicíndoche “rapaza, levanta dunha ves” ou “veña, que eu non podo sacala que teño que limpar a cociña”, xa claro, a cociña....
Pero é así, e agora estou aquí, en medio da chuvia, cun paraugas e cun can que parece o monstro do barro brincando por alí e por alá.
Un domingo normal...
:.:Raniña:.
domingo, 22 de novembro de 2009
xoves, 19 de novembro de 2009
O último berro
Deron as doce no meu reloxo mentres baixaba precipitadamente as escaleiras da Praza da Quintana. Rodeábame a escuridade tinxida cunha néboa que calaba nos meus brazos espidos. Frío, brétema e un repentino arrepío nas miñas meixelas. Maldecín ter levado tacóns cando o meu sempre inestable nocello dobrou facéndome perder o equilibrio. Antes de caer unhas firmes e quentes mans agarráronme con forza evitando, coma sempre, a miña caída. Erguín a cabeza e batín cos seus ollos escuros mirándome coa comprensión e a tenrura acostumadas. Desfíxose da súa chaqueta e pasouma polos ombreiros. Toda a culpa a tiña el, empeñárase en ir a aquela manifestación en Santiago, pero non quería que os seus amigos me coñecesen. Á fin Martiño dera con el entre a multitude de galeguistas e pancartas de Eu AMO galego. Soamente por el aturei as olladas escrutadoras e de desaprobación dos rapaces que precederan a Martiño". Cavilei mentres as bágoas de frustración percorrían a miña cara contemplando a lúgubre paisaxe da autoestrada de volta a Vigo. Os Herdeiros da Crus saían a todo volume dos altofalantes. El comezou a falar lembrándome o que xa sabía, eses nove anos que nos separaban comezaban a facer acto de presenza e iso non llo podía rebater. Unha frase mal pronunciada foi a causante de todo:...iso non che preocupaba cando te metías na miña cama...O último que recordo foron berros, berros que tentaban saír máis alto ca o "Iscalle lura". Berros nos que emitiamos cousas que non sentiamos en realidade, mentres el conducía a 130qm pola autoestrada. E un último berro: a miña voz repetindo o seu nome de anxo e rogándolle que mirase para adiante.
Carlotti
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)