mércores, 11 de abril de 2012
mércores, 14 de marzo de 2012
sábado, 10 de marzo de 2012
Arboredo bilingüe galego-castelán
Aquí temos o 1º vídeo montado por alumnas de 1º ESO B co tema do arboredo. Hai algúns erros pero creo que xa aparecen correxidos.Se vos animades a facer máis, procurade captar fotogramas das follas e do tronco. Unha mesma árbore pode ter dous ou máis fotogramas que vaian do plano xeral ao detalle e viceversa. Se tendes árbores na vosa horta non dubidedes en retratalas. Faltan todas as froiteiras. Tamén se poden incluír os diferentes nomes cos que coñecemos esas árbores, por exemplo o lamagueiro é o mesmo que o chopo branco ou choupeira, o lodoeiro tamén é outra maneira de chamarlle ao ulmeiro, o estripeiro é o mesmo que o espiñeiro, cambroeira ou espiñeiro albar. Neste vídeo aparece o castiñeiro de Indias ( que dan as castañas das bruxas) pero non aparece o castiñeiro europeo, e a nosa é unha terra de castañas. Así que poñede atención ao material base que ides utilizar e que a boa sombra das árbores vos protexa.
martes, 6 de marzo de 2012
luns, 27 de febreiro de 2012
ÁRBORES IMPRESIONANTES
Cos máis pequenos do insti estamos empezando a traballar o vocabulario de árbores e vexetación, facendo comparativas co castellano e outras linguas románicas. A maneira en que cada lingua designa o arboredo é todo un exercicio de creación colectiva.
Tentaremos buscar exemplares das árbores máis representativas da contorna inmediata, así como dos vellos exemplares foráneos. Con ese material os de 1º da ESO tentarán montar vídeos para pór imaxes a toda esta riqueza léxica e natural.
Aquí deixamos un vídeo sobre árbores máis ou menos singulares, é mágoa que non puxesen os nomes.
A ver que tal nos queda a nós!
Etiquetas:
léxico,
videos,
videos 1º eso,
videos temas frondosos
martes, 14 de febreiro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)