venres, 11 de febreiro de 2011

O UNICORNIO E MÁIS EU

UNICORNIO DE AUGA
                                                   
Hoxe pola mañá moi cedo.
Subo a un unicornio e voo ata o céo. Amósame aínda as estrelas. Dígolle que teño medo de caer. O unicornio dime que non tema, que me vai levar a un lugar onde poderemos descubrir unha nova constelación. Percorremos unha gran distancia sen incidentes. Quéixome do frío que se me está poñendo todo o corpo. O meu amigo cóbreme con plumas máis quentiñas ca unha manta, adormezo. Quedo profundamente durmido sen darme conta. Cando acordo estamos pousados nun recuncho dunha constelación descoñecida. Aproxímase a nós unha estrela que me entrega unha bolsa chea de diamantes .
Cando me dirixo ao mercado para vendelas, soa o espertador.

Idea aportada por......LOUFA

xoves, 10 de febreiro de 2011

SOÑANDO CON REGRESAR

Caio, caio nas rúas de Londres. Diviso unha igrexa abandonada que recoñezo en seguida. Descendo por unha escaleira que me leva ao instituto, situado nun plano inferioar ao da escaleira da igrexa. Ando polos longos corredores sen rumbo fixo. Empezo a buscar unha saída, mais cada porta que abro amósame un novo corredor idéntico ao anterior, semella que estou atrapada no mundo de Cassandra Clare....Óese un violín, sigo o son da música,a medida que me aproxímo a unha porta o son vaise intensificando. Entro. Xa non estou no Londres de 1800, estou na miña casa, mellor dito, na miña casa de cando tiña uns catro anos. Canto tempo pasara dende a última vez que estivera alí? As cores das paredes non eran exactamente tal e como as lembraba, sorrín e púxenme a buscar o meu cuarto. Entrei e dei con dúas nenas: a miña irmá e máis eu. Hai un cambio súbito de escenario, agora estou nunha fraga exhuberante chea de vida, exténdese máis alá do horizonte que poden albiscar os meus ollos. O meu corazón latexa con forza, está á procura de algo...desesperadamente. Sinto que o ar non me chega aos pulmóns, alguén berra o meu nome, por moito que me esforzo non consigo recoñecer a voz. Corro...corro en dirección á voz, corro contra o vento. Estou a piques de desistir cando vexo...

So Rescue Me! pide suplicante Josh Franceschi dende o móbil......esperto!

Viaxe onírica aportada por...............AMINA

mércores, 9 de febreiro de 2011

ENTÓN BAILAMOS




Alors on danse

Alors on danse
Alors on danse

Qui dit étude dit travail,
Qui dit taf te dit les thunes,
Qui dit argent dit dépenses,
Qui dit crédit dit créance,
Qui dit dette te dit huissier,
Oui dit assis dans la merde.
Qui dit Amour dit les gosses,
Dit toujours et dit divorce.
Qui dit proches te dis deuils car les problèmes ne viennent pas seul.
Qui dit crise te dis monde dit famine dit tiers- monde.
Qui dit fatigue dit réveille encore sourd de la veille,
Alors on sort pour oublier tous les problèmes.

Alors on danse… (X9)
Et la tu t’dis que c’est fini car pire que ça ce serait la mort.
Qu’en tu crois enfin que tu t’en sors quand y en a plus et ben y en a encore!
Ecstasy dis problème les problèmes ou bien la musique.
Ca t’prends les trips ca te prends la tête et puis tu prie pour que ça s’arrête.
Mais c’est ton corps c’est pas le ciel alors tu t’bouche plus les oreilles.
Et là tu cries encore plus fort et ca persiste…
Alors on chante

Lalalalalala, Lalalalalala,
Alors on chante
Lalalalalala, Lalalalalala
Alors on chante
Alors on chante
Et puis seulement quand c’est fini,
Alors on danse.
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse
Alors on danse

Et ben y en a encore
Et ben y en a encore
Et ben y en a encore
Et ben y en a encore
Et ben y en a encore

Intérprete STROMAE


QUE EN GALAICO É.....

Entón bailamos (bis)

Quen di estudos di traballo
Quen di traballo di diñeiro
quen di diñeiro di gasto
Quen di crédito di intereses
Quen di débeda di cobrador
Si, di sentado na merda
Quen di amor di meniños
Quen di para sempre di divorcio
Quen di próximo diche dó porque os problemas non veñen sós
Quen di crise diche mundial, di fame, di terceiro mundo
Quen di canseira acorda aínda xordo da véspera
Daquela saímos para esquecer os nosos problemas
Entón bailamos (bis)

E logo ti dis que isto rematou, pois peor ca isto só pode ser a morte
Cando finalmente pensas que todo acabou, resulta que aínda hai máis
Éxtase vén sendo problemas ou ben a música
Trincadas as tripas, trincada a cabeza, pronto suplicas que isto pare
Mais é o teu corpo, non é o céo, de nada serve tapar as orellas
Daquela berras aínda máis forte e todo segue igual
Daquela cantamos
lalalalalala....lalalalalala
Entón cantamos
lalalalalala.....lalalalalala

Entón cantamos
E só cando todo acaba, entón bailamos
E aínda hai abondo
aínda hai abondo
(bis)

Canción aportada por ..........BIBSON

martes, 8 de febreiro de 2011

AO OUTRO LADO



Nome do grupo: CHEDDARCHIC E O'NEIL
Título da canción orixinal : AL OTRO LADO

AO OUTRO LADO

Disque a vida ten algún significado
pero cal é?
rimos, choramos, pasámolo ben, pasámolo mal
pero cando a peña mira que estás ben
non che fai nin puto caso
Cando caes no abismo
é cando xa te fas o centro de atención
Miguel Retolaza Méndez
isto é o único que aínda podo facer por ti
só che quero dicir
descansa en paz, meu amigo

Ninguén seca o meu pranto
con movidas como esta
necesito crer en algo
conseguiches escapar, estás do outro lado
xa non quero o aire que respiro
só un ata logo, pronto esterei contigo

Laménto o que vos conto
erros do pasado
irmán, tes a túa xente
quixémoste sempre
aquí, no noso barrio, segue a túa lembranza.
Quero que todos coñezan a túa historia
neno, xa é hora
de ires co teu pai
cada noite, cada hora
eu rezo por ti.
As miñas bágoas esvaran polo teu cadaleito
tes que volver, non debiches ir á luz
Cristian, Paloma, Alba, Alby, Taty, Lucas e máis eu
quererémoste sempre
descansa en paz, Miguel Retolaza Méndez.

Non quería un adeus, oxalá chegases ao céo
non creo nos anxos, pero ti xa voaches
choro, ataúde de madeira, corazón de ouro.
Quizais non foi tan mala a morte
estás co teu pai, el quere protexerte
por todo espero que me poidas perdoar
Miguel Retolaza Méndez, descansa en paz

Canción aportada por.....MPIMA

CANCIÓN TRADICIONAL HÚNGARA




Intérprete: Katka Knechtová
Título: Muoj Boze



Muoj Pane Bože spási mé
nářkom sem žalúval Ti za dne
Teť v noci spienam ruki prázdné
svoje ruky spienam k motlitbie


Motlitba stúpá k tobie lkaniu
své ucho nachiľ k biedovaniu


Muôj Bože z hlubin Ťa volám
úskostnú motlitbu moju sliš
ve smrti spienam ruki prázdné
ať moju prosbu vislišíš


Má duša si tak útrapú
muoj život pšiblížil sa k prázdňiu
tam kde je úzkost hlasu zazňie
tváž ňech teť má co do jam jdu


Tam kde je tma ať den je bílí
jsem jak bych žádné nemňel síli


MEU DEUS

Meu Deus, señor da miña salvación
A ti chameite día tras día
Agora, ao caer a noite, xunto as miñas mans
Xunto as miñas mans baleiras en oración.

O meu rogo voa ata ti, afogado en bágoas.
Pon o teu oído no meu pranto.

Meu Deus, chámote dende as profundidades
Escoita a miña pregaria desesperada
Na morte xunto as miñas mans baleiras
Ogallá sintas a miña súplica.

A miña alma afunde en problemas
A miña vida está ao bordo do precipicio
Así pois, que a voz do desastre
Amose o seu rostro
Agora que xa me boto ao abismo

Canción e tradución aportadas por......................ALLISON

luns, 7 de febreiro de 2011

BOLBORETAS NEGRAS





BOLBORETAS NEGRAS

Negras, negras
negras, negras
negras, negras bolboretas
negras, negras bolboretas

Neno
as bolboretas prodúcenme este sentimento:
sempre que vexo a túa cara
comezan a voar
agora o meu corazón está á sombra
das criaturas que se tramsformaron
e desexo poder facelas voar.

Podo dicir que este é o meu estilo
Hai unha guerra interior
Podo dicir que este é o meu estilo
E teño que erguerme e voar.

Como facer para matar esas bolboretas
que aterrorizan o meu interior
Como parar os choros das batallas
Berrando toda a noite.
Tanto ten o que digas
aínda estou a sentir desta maneira
estas bolboretas negras, negras
apoderándose de min

Negras, negras
negras, negras
negras, negras bolboretas
negras, negras bolboretas

Podo sentilas buligando moi dentro de min
e o meu corpo pedíndome liberalas
Teño unha necesidade desesperada de curación
dos danos en todo o meu ser
algunha maneira haberá de facelas voar

(retrouso)

Canción aportada por.....CHUS
Let The Flames Begin
PARAMORE

What a shame we all became
such fragile, broken things.
A memory remains
just a tiny spark.
I give it all my oxygen,
to let the flames begin.
So let the flames begin. Oh, glory. Oh, glory.

This is how we'll dance when,
When they try to take us down.
This is what will be. Oh, glory.

Somewhere weakness is our strength,
And I'll die searching for it.
I can't let myself regret such selfishness.
My pain and all the trouble caused,
No matter how long
I believe that there's hope
Buried beneath it all and Hiding beneath it all,
and Growing beneath it all, and...

This is how we'll dance when,
When they try to take us down
This is how we'll sing it.
This is how we'll stand when
When they burn our houses down.
This is what will be.
Oh, glory.

Reaching as I sink down into light.
Reaching as I sink down into light.

This is how we'll dance when,
When they try to take us down
This is how we'll sing it.
This is how we'll stand when,
When they burn our houses down.
This is what will be. Oh, glory.

http://www.youtube.com/watch?v=GAcBlf08pIg


Deixa que as chamas empecen

Que mágoa, todos converténdonos
en fráxiles cousas rotas
que a memoria lembra.
Só unha pequena faísca.
Dou todo o meu osíxeno
para facer que as chamas comecen
así que deixa as chamas arder.

oh, gloria, oh gloria
así é como bailaremos
cando traten de derrubarnos
así é como será
oh, gloria

Nalgures a debilidade
é a nosa forza
e morrerei procurándoa.
Non podo permitirme arrepentirme
de semellante egoísmo!
A miña pena e todo o problema que causou
non importa o lonxe que estea.
Creo que hai esperanza
enterrada debaixo de todo
e agromando debaixo de todo.

Así é como bailaremos
cando traten de derrubarnos
Así é como cantaremos.
Así é como ficaremos
cando queimen as nosas casas
Así é como será.
Oh, gloria!
(retrouso)

Conseguíndoo mentres entro na luz
Conseguíndoo mentres entro na luz

(retrouso)



-->