Un misterioso home verde percorre os camiños europeos ao longo da historia. Dende Escandinavia ata Fisterra, dende Sicilia ata Dublín aparece nos lugares máis inimaxinables da arquitectura culta e popular . Un misterioso homiño configurado de follas, talos e raíces, olla para nós agochado nos capiteis das columnas románicas, entre as filigranas da vexetación barroca, nos chamadores de bronce das vellas portas de madeira maciza, nas fontes........ ata no libro de lectura!